21 octubre 2014

O MAR ENTEIRO

Este curso comezamos un novo proxecto nas escolas do CRA de BERGONDO.
Os anos anteriores collimos a maleta para dar unha volta polo mundo da man de Madlenka coñecendo países tan máxicos como India ou Exipto, pasando ao continente europeo parando en Francia, Alemania ou Italia e cruzando o charco para dar un paseo por Cánada, Estados Unidos ou Perú.

Neste curso 2014-2015 queremos seguir dando voltas polo mundo pero esta vez coñecendo e gozando dos grandes océanos e os fermosos mares. O encargado de axudarnos nesta travesía será Cristovo, o noso polbo amigo da Biblioteca que irá percorrendo con nós os portos e caladeiros máis importantes do mundo e presentándonos aos seus amigos: aves, crustáceos, moluscos, peixes, algas e corais... 

Tamén aprenderemos sobre os tipos de barcos que hai en cada zona e as persoas que traballan desempeñando tarefas relacionadas co tema. As tradicións mariñeiras son a esencia do noso pobo, Galicia por iso tamén daremos unha volta polos faros e illas máis destacados e importantes, así como un repaso polas costumes galegas máis típicas da nosa comunidade!


Comezaremos zarpando no pesqueiro Koruño dende o porto da Coruña así que...mariñeiros ao barco! Se queredes pasalo pipa e aprender moitas cousas non deixedes de visitar o blogue que temos no CRA "O mundo enteiro- O mar enteiro" así como os dos compañeiros/as especialistas!
Boa travesía grumetes!

No hay comentarios: