30 noviembre 2014

SEGUIMOS NAVEGANDO...

Fascinados con todos os segredos que agocha o mundo marino...seguimos navegando e aprendendo moitas cousas sobre esta temática.

Entre outras cousas aproveitando a visita ao Museo de Belas Artes da Coruña, traballamos a dous artistas galegos que tiveron moita relación co mar. Luis Seoane e Jorge Peteiro deixaron obras na súa traxectoria pictórica dignas de admiración. E precisamente iso é o que facemos, admirar os seus cadros e por qué non...intentar aprender cousas sobre a súa maneira de debuxar e pintar.



Por outro lado recibimos a interesante visita de Lucía, capitana dun barco. Gustounos moitísimo todo o que nos contou e ademáis agasallounos a cada un cun Caderno de Bitácora para que anotemos todo o que aconteza na nosa viaxe. Grazas Lucía!



Ademáis de todo o anterior non podemos deixar de coñecer outros aspectos non tan positivos que acontecen no mar e descubrimos que ás veces os humanos non somos tan amables e coidadosos cos seres vivos e prantas como deberíamos. Moitos dos nosos océanos están cheos de basura perxudicial e dañina para os animais marinos. Coñecimos a existencia de "illas basura" no medio do mar, repletas de porquería e contaminación. Debido a toda esa porcallada que habita nos nosos mares, os peixes e demáis seres mariños confunden o alimento con redes, mangueiras ou plásticos que engullen como se tratara de comida causando un dano irreparable e ás veces incluso causando a morte dos pobres animais. O mundo do mar é fascinante pero é importante concienciar aos nosos cativos dende moi pequenos para que aprendan a respectar o medio ambiente e así evitar comportamentos negativos cara a natureza.


        
                           Click to play this Smilebox slideshow


No hay comentarios: