Aquí estamos de novo con moitas cousas para contarvos!
Comezamos un novo e fermoso proxecto na nosa aula. O título que leva xa vos dará unha pista sobre o tema a traballar...non si?
MIÑA TERRA GALEGA!
A que xa o sabedes?
Exaaaaaacto! Queremos aprender cousiñas sobre a nosa terra querida: Galicia!
Retomando un pouco o fío do curso pasado no que traballamos BERGONDO...xa tocaba falar sobre outros lugares, costumes e tradicións que moitos xa coñecen sobre Galicia.
A primeira provincia que eleximos é...tachánnnnnnnnnn: A CORUÑA!
A primeira provincia que eleximos é...tachánnnnnnnnnn: A CORUÑA!
E mirade se xa traballamos e xogamos a saber ...familias bolboretas...mil grazas pola vosa axuda!
2 comentarios:
¡¡Como me gusta o voso proxecto!! Encántanme os debuxos que fixestes. E...Alba, felicitacións por esa ESTUPENDA explicación e o ben preparada que estabas cos mapas e os planos.¡¡ Un traballo xenial bolboretiñas!!
Que bonito, volvoretiñas, xa seguiremos coa canción da COruña, ánimo e moitos bicos!!!!
Publicar un comentario