08 octubre 2013

PROXECTO: MIÑA TERRA GALEGA!

Ola, ola!
Aquí estamos de novo con moitas cousas para contarvos!
Comezamos un novo e fermoso proxecto na nosa aula. O título que leva xa vos dará unha pista sobre o tema a traballar...non si?
MIÑA TERRA GALEGA! 
A que xa o sabedes?
Exaaaaaacto! Queremos aprender cousiñas sobre a nosa terra querida: Galicia! 

Retomando un pouco o fío do curso pasado no que traballamos BERGONDO...xa tocaba falar sobre outros lugares, costumes e tradicións que moitos xa coñecen sobre Galicia. 
A primeira provincia que eleximos é...tachánnnnnnnnnn: A CORUÑA!

E mirade se xa traballamos e xogamos a saber ...familias bolboretas...mil grazas pola vosa axuda!




Aquí temos a Alba con moita información sobre a batalla de Elviña, un mapa da zona vella da Coruña, o Cabo de Fisterra e a Catedral de Santiago!
Mirade os nosos debuxos



 e se queredes ALUCINAR coa sua "batallita" sobre a verdadeira batalla...premede enriba da imaxe!

Preme enriba para ver o vídeo

2 comentarios:

Audición e linguaxe dijo...

¡¡Como me gusta o voso proxecto!! Encántanme os debuxos que fixestes. E...Alba, felicitacións por esa ESTUPENDA explicación e o ben preparada que estabas cos mapas e os planos.¡¡ Un traballo xenial bolboretiñas!!

Son do CRA dijo...

Que bonito, volvoretiñas, xa seguiremos coa canción da COruña, ánimo e moitos bicos!!!!