Aquí temos a ALBA entusiasmada coa nova viaxe a Italia. Xa é toda unha "bambina italiana" e sabe falar nese idioma á perfección!
Mirade e escoitade...
BRUNO trouxo un mural fermosísimo con todas as cousas máis importantes que hai en Italia e pensamos que non esqueceu nada, explicou todo moooooi ben!! Ademáis trouxo a historia dos nenos Rómulo e Remo e a Loba Capitolina, lles encantou!
ADA trouxo un mapa coa "bota de tacón" que lle chamamos e as illas máis importantes, Cerdeña e Sicilia. Ademáis...explicounos dúas fotos moi representativas de dúas cidades italianas: Roma e Venecia, co Coliseo Romano e as góndolas venecianas.
Aquí temos a CLAUDIA, que trouxo un montón de tarxetas con monumentos de Roma e Florencia, entre os que se atopan os frescos da Capilla Sixtina, pintados por Miguel Ángel, así como a fermosísima Fontana de Trevi, en Roma.
PEDRO M. trouxo a bandeira de Italia, que xa sabemos que ten tres cores, así que é coñecida como tricolor: verde, branco e vermello. O mapa de Italia, moi ben coloreadiño e os traxes típicos italianos, o dos venecianos, moi representativo para todos eles.
Moitas grazas a todas as familia polo esforzo e colaboración!
Estade atentos...estamos comezando e imos á velocidade dun Lamborghini!!