22 enero 2013

QUÉ SINTES NO TEU CORAZÓN?

A semana pasada comezamos un novo traballo a partir dun conto moi fermoso titulado "Unha manchea de bicos".
O primeiro que quixemos saber é que é iso dunha "manchea" e aprendemos que pode ser todo aquelo que cabe nunha man, como a palabra mesma di.
Debatemos sobre se nos gustan os bicos, quen lles gusta que lles de bicos... Tamén sobre como poden ser eses bicos ou a quen lles gusta eles darlle bicos, e que mellor forma que experimentar "ese bico que lle quero dar a..." e selalo de forma eterna no branco do papel.



Lembra abrir o vídeo noutra xanela para poder escoitar a música.

Tamén sobre os sabores dos bicos...Kati, a nena protagonista do conto ten unha caixa chea de bicos de sabores como a vainilla, o chocolate, o caramelo ou o amorodo. Que tal se vedes os sabores que eleximos nós?? 



E iso do corazón...tema complicado ás veces, resultou ser de gran interese para as bolboretiñas. Sabemos que os humanos temos corazón e sentimos cousas dentro del pero...que pasa cos animais??? Deu moito xogo o temiña e decidimos debater sobre os tamaños dos corazóns de diferentes animais e sobre todo de qué cousas sinten...sentirán amor, enfado, medo, tristura, ledicia...igual que nos?? Ao final...puxémonos de acordo e chegamos á conclusión de que si, pois os que temos cans...ben sabemos que o mevemento do rabo ao chegar a casa nós...é sinal de que están contentos!! E se algún animal se enfada...tamén no-lo fan saber...
Seguimos sentindo...



3 comentarios:

Audición e linguaxe dijo...

Sempre me sorprendedes moi gratamente cos temas que tratades. Este dos sentimentos paréceme moi fermoso. Eu tamén estou de acordo co do que os animais tamén sinten, porque o meu canciño Roi non fai máis que darlle ao rabiño cando chego a casa. ¡¡Unha manchea de bicos de cores para todos vós!!

Bolboretas de Carrio dijo...

Dolores, de que cor é o teu can? A nós gústannos os cans moito!Queremos que nos traigas unha foto de Roi! Bicos e grazas!!

Audición e linguaxe dijo...

Eso está feito bolboretiñas, o vinceiro venres levareivos fotos de Roi. Xa vos adianto que é de cor marrón e moi xoguetón. ¡¡Biquiños!!