13 enero 2013

E CHEGAMOS A ITALIA!

Aquí temos a  ALBA entusiasmada coa nova viaxe a Italia. Xa é toda unha "bambina italiana" e sabe falar nese idioma á perfección!
Mirade e escoitade...

video


BRUNO trouxo un mural fermosísimo con todas as cousas máis importantes que hai en Italia e pensamos que non esqueceu nada, explicou todo moooooi ben!! Ademáis trouxo a historia dos nenos Rómulo e Remo e a Loba Capitolina, lles encantou!
ADA trouxo un mapa coa "bota de tacón" que lle chamamos e as illas máis importantes, Cerdeña e Sicilia. Ademáis...explicounos dúas fotos moi representativas de dúas cidades italianas: Roma e Venecia, co Coliseo Romano e as góndolas venecianas.

Aquí temos a CLAUDIA, que trouxo un montón de tarxetas con monumentos de Roma e Florencia, entre os que se atopan os frescos da Capilla Sixtina, pintados por Miguel Ángel, así como a fermosísima Fontana de Trevi, en Roma.

PEDRO M. trouxo a bandeira de Italia, que xa sabemos que ten tres cores, así que é coñecida como tricolor: verde, branco e vermello. O mapa de Italia, moi ben coloreadiño e os traxes típicos italianos, o dos venecianos, moi representativo para todos eles.

Moitas grazas a todas as familia polo esforzo e colaboración!
Estade atentos...estamos comezando e imos á velocidade dun Lamborghini!!

7 comentarios:

Audición e linguaxe dijo...

O venres quedei impresionada coa chea de recursos estupendo que tedes xa recopilados ¡noraboa ás familias pola implicación! E ...¡que ben o fai esa bambina italiana! Felicitacións, Alba. ¡¡Unha aperta para todas as bolboretiñas!!

alba dijo...

grazie profesoressa Dolores. bicos. arrivederci.

English teacher dijo...

"Congratulazione Alba" falas un perfecto italiano. Congratulazione tamén a Saleta e a todas as familias de Carrio e a os seus picolos bambin@s pola colaboración. Así é un gusto taballar. Xa teño ganas de ir a vosa escola para ver as novidades e que me contedes. A big hug!!!!

Bolboretas de Carrio dijo...

BONGIORNO PROFESSORESSAS!
Grazie mille polos vosos comentarios!
Arrivederci!
Bacios! (bicos en italiano)

Audición e linguaxe dijo...

Alba xa escribe italiano!! :-O
Noraboa a todos e todas polo ben que traballades. Moitos "bacios" Arrivederci!!!

Son do CRA dijo...

Que chulada, iso de viaxar por Italia vainos traer moitas sorpresas, seguro, piccolos bambinos!!!!

Bolboretas de Carrio dijo...

Si, si professoresa María!! Gústanos bailar ao ritmo da canción marchosa que nos estás a ensinar!! Arrivederci!!