Shukriya a todos e todas pola axuda e colaboración!!
QUE APRENDEMOS XA DA INDIA??
- A bandeira da India, tamén é coñecida como tiranga, que significa tricolor. As súas tonalidades son laranxa, branco e verde. Ten unha roda no medio con 24 espacios que simbolizan as 24 horas do día e é coñecida como a roda da xustiza.
- A vaca é sagrada, respétana e a deixan deambular por rúas como se de campos se tratara.
- O elefante é venerado e respectado. Hai unha festa que lle dedican a este animal, na que os adornan e visten para a ocasión con cores brillantes e fermosas. Os elefantes coa trompa para arriba...dan boa sorte!
- O incienso é unha preparación de resinas aromáticas vexetais ás que se lle engaden aceites para que ao arder desprenda un cheiro perfumado.
- As rupias son as moedas e billetes que empregan para pagar, mercar...
- O Taj Mahal é un templo que foi construido por amor. Mandouno facer o emperador Shah Jahan na cidade de Agra, cando a súa esposa preferida Mumtaz Mahal faleceu. Quería lembrala para sempre e decidiu facer esa construcción para albergar a súa tumba.
- As mandalas, dentro das múltiples técnicas orientales de relaxación, atópase a de pintar mandalas.
- O Himalaya é a cadena montañosa máis alta do mundo, con cimas altísimas! Ocupa territorios da India, Nepal e China.
- O sari e o dhoti, son as roupas coas que visten os hindús, a muller e o home, respectivamente.
- A meditación, os bindis e tilakas, os animales típicos da india...QUEDA MOITO AINDA POR APRENDER!!
Este país é...FASCINANTE.
4 comentarios:
Encántanme todas as actividades que facedes. Xa coñecedes moitísimas cousas da India. Noraboa, sodes moi traballadores. ¡¡Unha apertaaaaa!!
Sabedes un montón de cousas sobor da India! Estou desexando ir á vosa aula para que me sigades contando o que aprendedes. Un super biquiño!
Hola chicos, preciosos los trabajos, me gustan mucho, seguir asi.
Gústanos moito a India, queremos ir de viaxe a ver elefantes, tigres e vacas. E tamén o Taj Mahal e a festa das cores. Moitas grazas polos vosos comentarios. Biquiños das Bolboretas!!
Publicar un comentario