02 diciembre 2012

SHUKRIYA...A TODOS (Grazas a todos)

Seguimos aprendendo cousas sobre INDIA...
Shukriya a todos e todas pola axuda e colaboración!!


QUE APRENDEMOS XA DA INDIA??
- A bandeira da India, tamén é coñecida como tiranga,  que significa tricolor. As súas tonalidades son laranxa, branco e verde. Ten unha roda no medio con 24 espacios que simbolizan as 24 horas do día e é coñecida como a roda da xustiza.
- A vaca é sagrada, respétana e a deixan deambular por rúas como se de campos se tratara.
- O elefante é venerado e respectado. Hai unha festa que lle dedican a este animal, na que os adornan e visten para a ocasión con cores brillantes e fermosas. Os elefantes coa trompa para arriba...dan boa sorte!
- O incienso é unha preparación de resinas aromáticas vexetais ás que se lle engaden aceites para que ao arder desprenda un cheiro perfumado.
- As rupias son as moedas e billetes que empregan para pagar, mercar...
- O Taj Mahal é un templo que foi construido por amor. Mandouno facer o emperador Shah Jahan na cidade de Agra, cando a súa esposa preferida Mumtaz Mahal faleceu. Quería lembrala para sempre e decidiu facer esa construcción para albergar a súa tumba.
- As mandalas, dentro das múltiples técnicas orientales de relaxación, atópase a de pintar mandalas.
- O Himalaya é a cadena montañosa máis alta do mundo, con cimas altísimas! Ocupa territorios da India, Nepal e China.
- O sari e o dhoti, son as roupas coas que visten os hindús, a muller e o home, respectivamente.
- A meditación, os bindis e tilakas, os animales típicos da india...QUEDA MOITO AINDA POR APRENDER!!
Este país é...FASCINANTE.






4 comentarios:

Audición e linguaxe dijo...

Encántanme todas as actividades que facedes. Xa coñecedes moitísimas cousas da India. Noraboa, sodes moi traballadores. ¡¡Unha apertaaaaa!!

English teacher dijo...

Sabedes un montón de cousas sobor da India! Estou desexando ir á vosa aula para que me sigades contando o que aprendedes. Un super biquiño!

Unknown dijo...

Hola chicos, preciosos los trabajos, me gustan mucho, seguir asi.

Saleta dijo...

Gústanos moito a India, queremos ir de viaxe a ver elefantes, tigres e vacas. E tamén o Taj Mahal e a festa das cores. Moitas grazas polos vosos comentarios. Biquiños das Bolboretas!!