19 diciembre 2012

BENVIDO PANDIGUEIRO!


Hoxe foi un día moi esperado polos nenos e nenas do CRA de Bergondo, pois nada máis e nada menos que chegou o APALPADOR  dende as devesas do Courel e O Incio!!
Contounos moitas cousas do paraíso no que vive, pois as montañas de Lugo están cheas de árbores centenarias, fermosas e frondosas nas que viven moitos animais como a pita do monte, os lobos ou peixes coma as troitas.
Aquí vos deixamos a reportaxe que fixemos hoxe en Carrio!!
Grazas APALPABARRIGUIÑAS por visitar as nosas escolas e grazas á profe Alicia, que o trouxo con moitas ganas e ledicia!!


(Preme enriba desta imaxe para ver o vídeo)

5 comentarios:

Ana dijo...

Que ben o pasades!! Como se nota que o Nadal xa está aquí, que caras de felicidade!!
Moitos biquiños e moi, moi Nadal!!!

Bolboretas de Carrio dijo...

Bo Nadal, Ana! Moitas grazas polo teu comentario. Biquiños das Bolboretas!

Son do CRA dijo...

Moi chuli este video sobre o pandigueiro, nótase que o pasatedes moi ben, envíovos moitos biquiños e bo nadal para tod@s, tamén para a profe, por suposto!!!!!

Audición e linguaxe dijo...

¡Vaia visita máis importante tivestes! E seguro que vos contou moitas cousiñas interesantes da súa terra e da importancia de todo o que nos da a natureza.¡¡Unha aperta grande e ata mañá!!

Ana dijo...

Vaya apalpabarrigas más auténtico!!