19 diciembre 2012

INDIA É...FASCINANTE

A semana pasada fixemos moitas actividades relacionadas coa India. Porque...por máis que teñamos que coller o avión e continuar viaxando con Madlenka polo mundo...NON QUEREMOS ABANDONAR ESTE PAÍS!! Parécenos fascinante e estamos a aprender moitas cousas sobre él.

Aldán trouxo moitas especias á clase: canela, pementa negra e branca, curry, pementón, nuez moscada, comino, cardamomo...así como arroz e té. Isa, a súa nai, mestra da cociña... deleitounos cunhas marmeladas caseiras boísimas de tomate con canela, laranxa e nuez moscada e tomate e cardamomo. Moitas grazas, Isa!!
Paco á súa vez, trouxo varios libros sobre India, entre os cales puidemos ver algúns relacionados coa cociña hindú.
Ademáis de todo isto...coñecimos unha festa moi fermosa: o HOLI OU FESTA DAS CORES!!
 Mirade que ben o pasan! Este vídeo sacámolo do youtube.com!



Ademáis tamén aprendemos moitas, moitísimas cousas sobre a vestimenta dos homes e mulleres hindús.
O sari e o dhoti son os traxes típicos, pero como lles gusta moito encherse de cores e brillos...adornan as mans con debuxos e ademáis levan unha marca na frente dependendo se son mulleres que se chama bindi ou se son homes, tilaka. Mirade este vídeo, xa veredes qué guapos estamos e todo o que traballamos!!(Preme enriba da imaxe)



Ademáis, Mónica, a nai de Lola, compañeira da clase das Xoaniñas, veu a ensinarnos como se coloca o sari!! Mirade que ben o explicou e cantas cousas máis aprendemos! As rupias, o incienso, os tapices, os elefantes...Moitas grazas, Mónica!!

Aprende como se coloca o sari con Mónica!

No hay comentarios: