30 mayo 2012

TARTARUGAS DE PEDRO E ROQUE







JUANI, A MAMÁ DE ROQUE E PEDRO TROUXO DUAS TARTARUGAS Á CLASE. DEU UNHA EXCELENTE EXPLICACIÓN SOBRE O QUE COMEN, COMO VIVEN...FIXO UN VÍDEO FERMOSÍSIMO SOBRE ELAS E OUTROS ANIMAIS.
OUTRA COUSA NON... PERO AMOR E RESPECTO CARA AOS ANIMAIS NA NOSA AULA NON FALTARÁ!!
MOITAS GRAZAS JUANI!!!

BOLBORETAS




BOLBORETAS
FILTROS DE CAFÉ, CARTULINA, TAPÓNS, LIMPIAPIPAS, ACUARELA, TÉMPERA, PURPURINA, PLASTILINA, DEPRESOR E...
MOITÍSIMAS GANAS DE CREAR E FACELAS VOAR!!!!

29 mayo 2012

OS NOSOS BECHIÑOS











COMEDEIROS RECICLADOS


VELAÍ TEDES ALGÚNS DOS COMEDEIROS QUE FIXEMOS NA CLASE CON TETRABRICKS DE ZUME E LEITE. ESTAMOS EN PROCESO DE CONSTRUIR OS NIÑOS PERO...BUUUUF É AGOTADOR!!!
AÍNDA ASÍ...ESTAMOS ENCANTADOS E OS PAXARIÑOS...XA ANDAN ASUBIANDO POR CARRIO PORQUE ESTÁN ESPERANDO POR ELES CON MOITA ILUSIÓN!!!





METAMORFOSE









AQUÍ TEMOS A EVOLUCIÓN DOS NOSOS VERMES. XA TEMOS UN MONTÓN DE CASULOS E ESTAMOS DESEXANDO QUE SAIAN AS BOLBORETAS!!!!

19 mayo 2012

LETRAS GALEGAS 2012

 

 


 
AO MONTE VAN AS OVELLAS
DE CABALO DO MENCER,
BERNARDINO VAI CON ELAS.

A FLAUTA DE BERNARDINO
CISCOU UN SOLO NO AR,
PASTORILEIRA DE TRINO.

A FAME A FLOR DE FOCIÑO
FURGA O VERDE PAN DE NEVE,
CADA BOCA O SEU FOLIÑO.


 O poeta e escritor Valentín Paz Andrade naceu na parroquia de Lérez, en Pontevedra, o 23 de abril de 1898.
Estudou bacharelato en Pontevedra e Dereito en Santiago de Compostela. 
Foi dirixente do Partido Galeguista, do que foi nomeado secretario en 1934.
Escribiu en xornais e revistas e dirixiu o xornal Galicia.
Colaborou na creación da empresa Pescanova.
Tamén escribiu poesía. O seu primeiro libro está adicado a Castelao e leva por título Pranto Matricial. 
Foi membro da Real Academia Galega e da Real Academia Galega das Ciencias.
Este ano é o autor elixido pola Real Academia Galega para homenaxealo no Día das Letras.


MERENDAMOS AO SOL





Esta semana aproveitamos que o sol quentou en Carrio dous días para merendar no patio. A verdade é que nos gustou moito estar fóra, xa somos maiores e sabemos o que hai que facer: lavamos as mans, collemos as mochilas e saímos a sentarnos nos bancos. Tiramos os papeis na basura e... A XANTAR!! 




 Somos responsables das nosas cousas, por iso se veñen máis días así, seguramente que voltaremos a facer a merenda no noso fermoso patio.


DÍA DA FAMILIA, 15 DE MAIO




Este martes día 15 de maio festexamos na nosa clase que era o día da familia. Como sorpresa, cada un levou un pequeno agasallo adornado con moito espero, para a súa familia. Na escola tamén formamos unha pequena familia pero...a familia de cada un de nós...é única!

Grilos e grilas



Queremos contarvos que estamos a aumentar a familia de insectos que viven connosco na clase. Esta vez se trata de GRILAS E GRILOS. 
Pili, a mamá de Clara contounos moitas cousas sobre eles e así decidimos que entre todos tiñamos que poñerlle un nome. Son 5.
Viven en duas caixas. Nunha das caixas vive unha grila moi guapa xunto cun grilo cantor (bueno, esperamos que así sexa...)
Na outra caixa viven 3 grilos: 2 machos e unha femia que todavía teñen que medrar porque son pequeniños.
Sabemos que...
- as grilas teñen 3 "piquitos" na parte posterior
- os grilos teñen 2 "piquitos" na parte posterior
- os exemplares adultos teñen as pero non poden voar, simplemente ao movelas están "cantando" para atraer ás femias presumidas...jeje
- comen leituga, pan, cenoria, galletas...herbas do pasto




Como vedes, xa sabemos moitas cousas destes insectos tan simpáticos. Imos coidar deles ata que remate o curso e despois ímolos soltar ao lado da nosa escola para que coiden dela durante as vacacións de verán!
Grazas a Pili e a Jose Antonio!

14 mayo 2012

FERMOSURA...





PRECISAMOS 2 TETRABRICKS PARA FACER COMEDEROS E NIÑOS PARA OS PAXAROS DO CAMPO!
TODOS E TODAS A RECICLAR...

LETICIA, A CARRICANTA




Este xoves pasado na nosa sesión de filosofía...veu Leticia!
E vos preguntaredes...quen é Leticia?? Unha carricanta!! E non sabedes que sorte tivemos que ese día non chovera...con todo o que canta...jaja
Juanita ensinounos que ás veces non se pode facer todo o que un quere...Leticia canta todo o tempo e...iso tampouco pode ser así, ten que haber momentos para todo!
Ás carricantas gústalle moito bailar e cantar por iso trouxo un agasallo fermosísimo...unha caixa de música de bolboretas!! 
Este xoves temos que avisar que non imos estar na escola...a ver se imos recibir visita!! Damos unha pista...esta nova amiguiña é moi traballadora, e mentres Leticia canta e baila sen parar...ela traballa sen cesar!! Quen será...

PINTAMOS COMO VAN GOGH


CABALLETE DIANTE, PINTURAS AO LADO E PINCEL NA MAN...CONVERTÉMONOS EN PINTORES POR UN DÍA (POLO MOMENTO...ESE CABALLETE...XA QUEDA NA CLASE!)
CADA UN PINTOU O QUE QUIXO...INTERPRETACIÓNS LIBRES!
FAREMOS UNHA EXPOSICIÓN NA ESCOLA Á QUE ESTADES TODOS E TODAS CONVIDADOS!
XA VOS MANDAREMOS INVITACIÓN FORMAL...JEJE

AI QUÉ CONTENTOS!!


Hai unhas semanas Clara levou á escola unhas cunchas de xiba para ensinarlles aos compañeiros. Estas cunchas en realidade tiñan outro destino...velaí tedes as fotos que explican todo...jeje 
GRAZAS Clara!!! Estiveron encantadas/os afiando o peteiro!!




ANIVERSARIO ALBA




PORTADA PROXECTO BOLBORETAS




08 mayo 2012

CONCURSO DE MARCAPÁXINAS LETRAS GALEGAS

Aquí tedes os marcapáxinas que fixemos para o Concurso que fai o Concello de Bergondo para festexar as Letras Galegas 2012, este ano adicadas a Valentín Paz- Andrade, autor que fala entre outros, do mar, nos seus libros.