14 mayo 2012

LETICIA, A CARRICANTA




Este xoves pasado na nosa sesión de filosofía...veu Leticia!
E vos preguntaredes...quen é Leticia?? Unha carricanta!! E non sabedes que sorte tivemos que ese día non chovera...con todo o que canta...jaja
Juanita ensinounos que ás veces non se pode facer todo o que un quere...Leticia canta todo o tempo e...iso tampouco pode ser así, ten que haber momentos para todo!
Ás carricantas gústalle moito bailar e cantar por iso trouxo un agasallo fermosísimo...unha caixa de música de bolboretas!! 
Este xoves temos que avisar que non imos estar na escola...a ver se imos recibir visita!! Damos unha pista...esta nova amiguiña é moi traballadora, e mentres Leticia canta e baila sen parar...ela traballa sen cesar!! Quen será...

2 comentarios:

Audición e linguaxe dijo...

Cada día aprendedes algo novo e moi importante nas sesións de filosofía.¡¡Un traballo estupendo!! ¡Biquiños!

Bolboretas de Carrio dijo...

Jejeje Polo menos imos practicando...algo quedará nas cabeciñas, non si?