19 mayo 2012

Grilos e grilas



Queremos contarvos que estamos a aumentar a familia de insectos que viven connosco na clase. Esta vez se trata de GRILAS E GRILOS. 
Pili, a mamá de Clara contounos moitas cousas sobre eles e así decidimos que entre todos tiñamos que poñerlle un nome. Son 5.
Viven en duas caixas. Nunha das caixas vive unha grila moi guapa xunto cun grilo cantor (bueno, esperamos que así sexa...)
Na outra caixa viven 3 grilos: 2 machos e unha femia que todavía teñen que medrar porque son pequeniños.
Sabemos que...
- as grilas teñen 3 "piquitos" na parte posterior
- os grilos teñen 2 "piquitos" na parte posterior
- os exemplares adultos teñen as pero non poden voar, simplemente ao movelas están "cantando" para atraer ás femias presumidas...jeje
- comen leituga, pan, cenoria, galletas...herbas do pasto




Como vedes, xa sabemos moitas cousas destes insectos tan simpáticos. Imos coidar deles ata que remate o curso e despois ímolos soltar ao lado da nosa escola para que coiden dela durante as vacacións de verán!
Grazas a Pili e a Jose Antonio!

2 comentarios:

Escola de Vixoi dijo...

O certo é que compartimos todas as vosas aficcións. Lástima non podernos visitar entre as nosas escolas.
Moitos parabéns e que os griliños e as griliñas vos canten con moita ledicia.
Bicos.
Alicia.

Audición e linguaxe dijo...

Gustoume moito velos o luns, o certo é que dese xeito apréndense moito. ¡Biquiños!