27 noviembre 2011

E chega o APALPADOR No NADAL!



Moito antes de que a sociedade de consumo importase dos países nórdicos a Papá Noel, en Galiza xa habitaba a figura mítica do Apalpador.


O Apalpador é un home de barba rubia, un vello xigante, que vive nas devesas das altas montañas facendo carbón para escorrentar o frío do inverno.

Na noite do 24 de decembro baixa ata as aldeas, métese polas chemineas nas casas e achégase aos nenos e ás nenas que dormen ao remol das mantas e apálpalles as barrigas para ver se os cativos están ben alimentados. Dálles un bico na meixela e déixalles unha presa de castañas para que non pasen fame.

O Apalpador é moi lambeteiro e se os nenos lle deixan un calcetín ou uns zapatos con algo doce para axudarlle a andar toda a noite visitando todas as casas de todos os nenos galegos, el entrégalles os agasallos de madeira, tea e cartón que fixo coas súas mans no tempo de lecer do resto do ano. Ao Apalpador gústanlle máis os xoguetes feitos á man con materiais naturais como a madeira ou o barro, cheos de cariño e respectuosos co medio ambiente, que aqueles de plástico, automáticos e con pilas que gastan moita enerxía e empobrecen os nenos e nenas doutas partes do planeta.

Pero...non soamente existe o APALPADOR! En cada país a tradición manda. Queredes descubrir cómo se chaman os personaxes de Nadal en Finlandia, Islandia ou Alemania??? Preme AQUÍ!

Este olliño pimpilín...ai qué risa!











video

AQUÍ TEDES A CANCIÓN!

o bebé da mamá de Paco


ESTA SEMANA TIVEMOS UNHA VISITA MOI ESPECIAL!

ANA, É A NAI DE PACO E RESULTA QUE TEN UN BEBÉ NA BARRIGA! COMO NÓS ESTAMOS APRENDENDO COUSAS SOBRE O CORPO HUMANO E OS BEBÉS...FOI UNHA FORMA DE VIVENCIAR BEN FERMOSA, NON SI?

MOITAS GRAZAS, ANA!

XA NOS CONTARÁS AO FINAL COMO SE CHAMA O BEBÉ, QUE XA LLE FALTA POUQUIÑO PARA SAÍR DA TÚA BARRIGUIÑA!

26 noviembre 2011

"A QUE SABE A LÚA???" ...A PALOMITAS DE MAÍZ!!!





Esta semana a profe Isa trouxo un conto á escola ben divertido!!

A QUE SABE A LÚA?

MICHAEL GREJNIEC, KALANDRAKA EDITORA, 2002


E RESULTA QUE DESPOIS DE CONTALO...DESCUBRIMOS QUE A LÚA SABE A PALOMITAS DE MAÍZ!!!



22 noviembre 2011

Os sentidos: A VISTA

E SEGUIMOS CO CORPO...





CADA DÍA AUMENTAMOS OS NOSOS COÑECEMENTOS SOBRE O CORPO HUMANO, AÍNDA QUE...AO NOSO NIVEL...JEJE

A SEMANA PASADA...JOSE E ALBA TROXERON MÁIS COUSIÑAS PARA TER NA CLASE E APRENDER UN POUQUIÑO MÁIS.

CONTADEIRO VAI A CASA DE ALEJANDRO

ESTA FIN DE SEMANA CONTADEIRO VIAXOU Á CASA DE ALEJANDRO E VEU CARGADIÑO DE NOVIDADES MOI VERANIEGAS! A VERDADE É QUE PASOUNO EN GRANDE!

MOITAS GRAZAS A ALEJANDRO E Á SÚA FAMILIA POR COIDAR TAN BEN DE CONTADEIRO! AGORA CONTADEIRO ESTÁ NA CASA DE JOSE, ESPERAMOS CON ANSIA A SÚA VOLTA Á ESCOLA PARA QUE O LEVE OUTRO NENO/A!

20 DE NOVEMBRO: DÍA UNIVERSAL DOS DEREITOS DOS NENOS


A Declaración dos Dereitos do Neno foi proclamada pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas en Resolución do 20 de novembro de 1959. Non ven mal recordalos, son dez :

1. Dereito á igualdade, sen distinción de raza, relixión ou nacionalidade.
2. Dereito a unha protección especial para que poidan medrar física, mental e socialmente sans e libres.
3. Dereito a ter un nome e unha nacionalidade.
4. Dereito a unha alimentación, vivenda e atención médica axeitadas.
5. Dereito a educación e atencións especiales para os nenos física ou mentalmente disminuidos.
6. Dereito á compresión e amor por parte das familias e da sociedade.
7. Dereito a unha educación gratuita. Dereito a divertirse e xogar.
8. Dereito a atención e axuda preferente en caso de perigo.
9. Dereito a ser protexido contra ó abandono e a explotación no traballo.
10. Dereito a recibir unha educación que fomente a solidariedade, a amizade e a xustiza entre todo o mundo.

Se queredes atopar máis viñetas de Mafalda do xenial QUINO premede AQUÍ!!

AQUÍ TEMOS UNS VÍDEOS RECOMENDADOS POLA PROFE DOLORES E RECOLLIDOS NO BLOGUE http://medrandoxuntos.blogspot.com, MOI RECOMENDABLE QUE O VISITEDES!

21 noviembre 2011

O NOSO AUTORETRATO




E SEGUIMOS APRENDENDO COUSAS DO CORPO!

AQUÍ OS NOSOS AUTORETRATOS!!

SALIMOS BEN GUAPOS E GUAPAS, NON SI??

A MASCOTA DA BIBLIOTECA

PEDRO TROUXO A SÚA PROPOSTA PARA A MASCOTA DA BIBLIOTECA! MIRADE QUE CHULADA! CONTOUNOS QUE LLE AXUDOU A SÚA IRMÁ DANIELA!

ANIMÁDEVOS A TRAER PROPOSTAS PARA A MASCOTA DA BIBLIOTECA!

CONTADEIRO VAI A CASA DE CLAUDIA

A SEMANA PASADA CONTADEIRO ESTUVO NA CASA DE CLAUDIA E TROUXO MOITAS NOVAS SOBRE CLAUDIA E AS COUSAS QUE MÁIS LLE GUSTAN FACER. XA VEREDES AO NOSO AMIGUIÑO...QUE ESTAMOS A PIQUES DE REMATALO!


17 noviembre 2011

MOVE YOUR BODY!


video

Para darlle continuidade ao proxecto do corpo humano tamén traballamos coa profe Cova en inglés, ainda que humano humano… non foi o corpo. Utilizamos o do noso amigo Cheeky Monkey. Con el aprendemos algunas partes do “body in English”: nose, fingers, toes and tummy a través dun conto e unha canción, así como o concepto de grande e pequeno (big and small). Vede que ben cantamos, coloreamos e que atentos estamos ás aventuras de Cheeky.

16 noviembre 2011

OS BEBÉS NA BARRIGA

Resulta que temos fotos de bebés que están nas barrigas das súas nais pero...COMO PODE SER ISO??? COMO SE SACAN ESAS FOTOS??

Despois de falar e falar moito, algún que outro quedou convencido de que:

AS MAMÁS PODEN TER UNHA CÁMARA DE FOTOS DENTRO DA BARRIGA, POR ISO TEÑEN FOTOS DOS BEBÉS

Pero outros...non estaban tan convencidos por iso...saímos de dúbidas co conto dos nosos amigos...


OS BOLECHAS QUEREN SABER...COMO NACEMOS.

SONIA BOLECHAS PENSA QUE VIÑA DENTRO DUN OVO CANDO NACEU, PERO ISO NON PODE SER PORQUE A SÚA NAI NON É UNHA GALIÑA. ELA NACEU, COMO OS OUTROS IRMÁNS, DA BARRIGA DA SÚA NAIS, PERO NON DA DO SEU PAI. OS CORPOS DO HOME E DA MULLER SON DIFERENTES. DURANTE NOVE MESES, VAI CRECENDO O FETO DENTRO DO ÚTERO. E CANDO CHEGA O DÍA, VAI A NAI AO HOSPITAL, ONDE, CUN GRANDE ESFORZO, PARE O BEBÉ. CÓRTASE O CORDÓN UMBILICAL E COMEZA A SÚA VIDA FÓRA. CHISPA TAMÉN NACEU DA BARRIGA DA SÚA NAI, PERO DESPOIS DE DOUS MESES.

AGORA, OS BOLECHAS XA SABEN COMO NACEMOS OS HUMANOS E NÓS TAMÉN!

As nosas aportacións...axudan moito!!

Click to play this Smilebox greeting
AQUÍ TEMOS UN ADIANTO DE MÁIS COUSIÑAS QUE IMOS LEVANDO Á ESCOLA PARA APRENDER SOBRE O CORPO HUMANO.

MOITAS GRAZAS POLA COLABORACIÓN QUE ESTADES AMOSANDO, ASÍ APRENDEMOS MELLOR E CON MOITAS GANAS!

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!

CONTADEIRO VAI A CASA DE ROQUE E PEDRO




ESTA FIN DE SEMANA CONTADEIRO FOI A CASA DE PEDRO E ROQUE! QUE SORTE...TIVO DOBLE RACIÓN DE COÑECEMENTOS...XA QUE COMO PUIDEMOS COMPROBAR O TEMA ESTRELA FOI A EXCURSIÓN QUE FIXERON A UNHA CASA RURAL MOI ESPECIAL, QUE SORTE...


MOITAS GRAZAS Á FAMILIA DE ROQUE E PEDRO E A ELES DOUS POR COIDAR TAN BEN DE CONTADEIRO. ESTES DÍAS O NOSO AMIGO ESTÁ NA CASA DE CLAUDIA. ESTAMOS ANSIOSOS POR SABER QUE NOVAS TRAE...!

12 noviembre 2011

PROXECTO DO CORPO HUMANO


ESTE AMIGUIÑO VEU DA CASA DA PROFE SALETA, QUE O LEVOU O CARTEIRO PERO...TEN UN GRANDÍSIMO PROBLEMA! NON SABE SE É UN NENO, UNHA NENA, UN CHICO OU UNHA CHICA...PORQUE NON TEN OLLOS, NARIZ, BOCA, ORELLAS, PELO! POR ISO NA CLASE DAS BOLBORETAS IMOS AXUDARLLE A APRENDER TODO ISO E MÁIS E DE PASO...APRENDER TODOS NÓS CON ÉL...OU ELA!
PARA ISO PRECISAMOS AXUDA! TODO O MATERIAL QUE NOS POIDA SERVIR: LIBROS, INFORMACIÓN DE INTERNET, ENCICLOPEDIAS, PELÍCULAS, RADIOGRAFÍAS...ASÍ COMO XENTE QUE QUEIRA VIR Á NOSA ESCOLA A ENSINARNOS COUSAS RELACIONADAS CO CORPO E A SAÚDE: MÉDICOS, ENFERMEIRAS/OS, DENTISTAS, FISIOTERAPEUTAS...

GRAZAS A TODOS E TODAS!

HOXE ALDÁN XA TROUXO COUSAS DA SÚA CASA: RADIOGRAFÍAS DO SEU PAI E DA SUA NAI, ESPERAMOS QUE XA ESTEDES RECUPERADOS! GRAZAS!



CONTADEIRO VAI A CASA DE ADA

ESTA SEMANA CONTADEIRO ESTUVO NA CASA DE ADA E TROUXO NOVAS DE VIAXES...MOI DIVERTIDAS!

GRAZAS A ADA E A SÚA FAMILIA POR COIDAR TAN BEN DE CONTADEIRO! ESTA FIN DE SEMANA CONTADEIRO ESTÁ NA CASA DE PEDRO E ROQUE, A VER QUE NOS CONTAN A SEMANA QUE VEN...

11 noviembre 2011

MÚSICA...MAESTRA!!

POR FIN TEMOS A REPORTAXE DUNHA DAS NOSAS CLASES DE MÚSICA COA PROFE MARÍA. A VERDADE É QUE O PASAMOS MOI BEN E ADEMÁIS...MOVEMOS O ESQUELETO!


video



09 noviembre 2011

MOITO MILLO!


ONTE AO LADO DA ESCOLA...SORPRESA!!!

08 noviembre 2011

CONTADEIRO VAI A CASA DE BRUNO

ESTA FIN DE SEMANA CONTADEIRO ESTUVO NA CASA DE BRUNO E A EXCURSIÓN FOI MOI DIVERTIDA, PORQUE NOS CONTOU MOITAS COUSIÑAS DE ANIMAIS!

MOITAS GRAZAS A BRUNO E A SÚA FAMILIA POR COIDAR TAN BEN DE CONTADEIRO. HOXE CONTADEIRO FOI A CASA DE ADA, A VER QUE NOS CONTA O VENRES CANDO VOLVA Á ESCOLA!!