16 noviembre 2011

OS BEBÉS NA BARRIGA

Resulta que temos fotos de bebés que están nas barrigas das súas nais pero...COMO PODE SER ISO??? COMO SE SACAN ESAS FOTOS??

Despois de falar e falar moito, algún que outro quedou convencido de que:

AS MAMÁS PODEN TER UNHA CÁMARA DE FOTOS DENTRO DA BARRIGA, POR ISO TEÑEN FOTOS DOS BEBÉS

Pero outros...non estaban tan convencidos por iso...saímos de dúbidas co conto dos nosos amigos...


OS BOLECHAS QUEREN SABER...COMO NACEMOS.

SONIA BOLECHAS PENSA QUE VIÑA DENTRO DUN OVO CANDO NACEU, PERO ISO NON PODE SER PORQUE A SÚA NAI NON É UNHA GALIÑA. ELA NACEU, COMO OS OUTROS IRMÁNS, DA BARRIGA DA SÚA NAIS, PERO NON DA DO SEU PAI. OS CORPOS DO HOME E DA MULLER SON DIFERENTES. DURANTE NOVE MESES, VAI CRECENDO O FETO DENTRO DO ÚTERO. E CANDO CHEGA O DÍA, VAI A NAI AO HOSPITAL, ONDE, CUN GRANDE ESFORZO, PARE O BEBÉ. CÓRTASE O CORDÓN UMBILICAL E COMEZA A SÚA VIDA FÓRA. CHISPA TAMÉN NACEU DA BARRIGA DA SÚA NAI, PERO DESPOIS DE DOUS MESES.

AGORA, OS BOLECHAS XA SABEN COMO NACEMOS OS HUMANOS E NÓS TAMÉN!

3 comentarios:

English teacher dijo...

Que guapiños estabades de bebés. Costoume recoñecer a algún.Hai que ver de que xeito tan divertido aprendedes coa profe Saleta.Bicos e ata venres.

Audición e linguaxe dijo...

É certo, moi guap@s esos bebés bolboretas!! Unha aperta!

Bolboretas de Carrio dijo...

Estes bebés xa se converteron en nenos e nenas moi maiores e moi traballadores!