22 noviembre 2011

20 DE NOVEMBRO: DÍA UNIVERSAL DOS DEREITOS DOS NENOS


A Declaración dos Dereitos do Neno foi proclamada pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas en Resolución do 20 de novembro de 1959. Non ven mal recordalos, son dez :

1. Dereito á igualdade, sen distinción de raza, relixión ou nacionalidade.
2. Dereito a unha protección especial para que poidan medrar física, mental e socialmente sans e libres.
3. Dereito a ter un nome e unha nacionalidade.
4. Dereito a unha alimentación, vivenda e atención médica axeitadas.
5. Dereito a educación e atencións especiales para os nenos física ou mentalmente disminuidos.
6. Dereito á compresión e amor por parte das familias e da sociedade.
7. Dereito a unha educación gratuita. Dereito a divertirse e xogar.
8. Dereito a atención e axuda preferente en caso de perigo.
9. Dereito a ser protexido contra ó abandono e a explotación no traballo.
10. Dereito a recibir unha educación que fomente a solidariedade, a amizade e a xustiza entre todo o mundo.

Se queredes atopar máis viñetas de Mafalda do xenial QUINO premede AQUÍ!!

AQUÍ TEMOS UNS VÍDEOS RECOMENDADOS POLA PROFE DOLORES E RECOLLIDOS NO BLOGUE http://medrandoxuntos.blogspot.com, MOI RECOMENDABLE QUE O VISITEDES!

No hay comentarios: