14 noviembre 2007

FROITOS E FROITAS DE OUTONO



Dende a semana pasada temos no corredor de fora unha exposición de froitos e froitas típicas da estación de OUTONO. Dentro da clase aproveitamos o supermercado para colocar todo o que @s nen@s ían traendo da casa, grazas á colaboración das familias.


Para conmemorar o MAGOSTO fixemos unha festa na merenda na que tiñamos noces, abelás, cacahuetes, améndoas e castañas. Os tocamos, ulimos, fixemos música con eles, ata que os probamos. Os máis exitosos: os cacahuetes!

Esta semana cada día degustamos unha das froitas: o luns mandarina, onte martes caqui, hoxe mércores quiwi. Mañán toca granada e xa o venres chirimoya e figos. Algúns non quixeron ulilos e tampouco tocalos. En cambio algúns nen@s quixeron probar todas as froitas, ainda que polo de agora a que máis éxito tivo foi o quiwi.

Deste modo vimos as diferencias entre os froitos secos e os carnosos.

2 comentarios:

Sapoconcho dijo...

Vexo que esto vai medrando pouco a pouco. xa me dixo Patri que te coñecía; se é que non se pode facer nada, que despois todo se sabe (jejeje). Oe, peréceme unha boa idea esto que fixestes das froitas. Biiicosss.

Ana dijo...

Ola Saleta!!
Xa ves que atopei eu soiña o teu blog, se é que todos os camiños chegan a Roma.
Está moi chulo e tes unha clase preciosa e moi grande...(isto é pura envexa porque xa ves que a nosa grande, grande non é!!)
Encántame isto de poder ir cotilleando polas clases dos demáis aínda que vos estedes en Moraña e nós en Arteixo, eu polo menos saco un montón de ideas interesantes dos vosos traballiños!!
Moitos biquiños.