01 diciembre 2007

Chega o Nadal!!

Onte na clase puxemos a árbore de Nadal. Xa lles tardaba!! En canto lles dixen que ia á Coruña tod@s dicían: Profe, trae xa a árbore!! E como o prometido é débeda levei todos os adornos para poñer a clase ben chula! Primeiro montamos á árbore. Falamos sobre como se chamaba: abeto e a súa cor, quen era máis alta, se eles/as ou ela...Mostreilles todo o que trouxera e fomos comentando os tamaños dos adornos, as formas, as cores... Despois lles preguntei para que servian. "Para adornar el árbol" dixo Diego. "Para poñer as luces" dixo unha voz feminina. Dixeron que lles gustaba moito todo e comezamos a falar e a decidir onde podíamos poñer a árbore. Algún dicía no teito da clase! Outros dicían ao lado da miña mesa. Pero finalmente a meirande parte del@s dixeron que era millor poñela cerca do corcho e así foi. A continuación cada un deles escolleu o adorno que lle gustou máis. Había bolas, espumillón, colgantes varios... e así un a un foron tod@s poñendo o seu. Que satisfacción cando viron que quedaba tan fermosa! Cando a colocamos no seu sitio pregunteilles: Lle falta algo a esta árbore? "Síiiiiiiiiiiiiiiiiiii, as luces!!!!" Por fin saquei o máis desexado por todos!!! Apagamos as da clase e encendimos a nosa árbore de Nadal! Falamos das cores e formas das luces, do perigo dos cables( Todos dicían: "Non se toca!"). Quedei en levar un adaptador de enchufe para poñer máis.

Esta semana ademais cambiamos a división da clase, xa que como se portan tannnnnnnnnnnnnn ben hai que facerlle sitio aos agasallos que aparezan despois do Nadal. E quen os vai a deixar? E todos claramente dixeron: Papá Noel!!!!!

Eterno dilema. Se hai nen@s de alternativa á relixión... debemos ou podemos falar sobre Papá Noel ou os Reis? Eu creo que hoxe en día isto tómase demasiado en serio. Eu cando era pequena estaba loquiña por que chegara esta data e @s nos@s pequen@s de hoxe en día creo que tamén.

Un tema que penso tratar na aula é o do consumo excesivo, xa que é importante que saiban que non sempre se vai ter o que un quere e que hai outras formas de agasallar por medio da reciclaxe ou de materiais alternativos.


video

3 comentarios:

Minha Xoinha dijo...

pois si chega o nadal!!
os rapaces de 5 anos do teu cole, tamén teñen árbore!!!! pero porémola o luns pola mañá.
e en breve esperamos crear o noso blog para poder estar en contacto ademáis pola rede, e ensinarvos todos o que facemos na aula.
bo traballo profe!!
saudinhos!!

Anabela dijo...

Ola!
desta vez quero presentar o meu blog, despois de varios intentos, conseguín crear un espazo no que irei anotando o que facemos as e os de 5 anos do CPI Santa Lucía

a ver que nos sae!!

estedes todas e todos convidados a visitarnos en:
http://andainaanabela.blogspot.com/

Madalentejita dijo...

hola!! un biquiño dende Portas! por aqui chegou o nadal un pouco máis tarde que por Moraña porque a profe estivo enfermiña dos oidos jeje pero mañán comenzamos con todo!