15 diciembre 2007

BO NADAL E FELIZ ANO 2008


As 3 aulas de Educación Infantil do CPI Santa Lucía fixemos esta árbore de Nadal. Os nen@s de 3 anos colaboramos picando as bolas de cores que brilan na árbore. Dende Moraña os desexamos
BO NADAL A TODO O PLANETA!!!


Estas estrelas brilarán no festival de Nadal que temos esta semana que comeza. Cada unha delas leva un anaquiño de esforzo de cada nen@ da aula de 3 anos.











Esta é a árbore que puxemos no pasillo, feita cos traballos de estrelas.

Aquí están as nosas "Botas dos desexos" rematadas e colgadas no pasillo.



Estivemos recortando todas as cousas que nos gustaban para pedirlle aos Reis Magos, pero como pediamos tantas ao final decidimos que as debuxaríamos. Algún incluso animouse a escribir!




Cada un de nós fixo unha coroa de Rei ou Raiña.

AS NOSAS PLANTAS



Na aula temos varias plantas que coidamos entre tod@s e esta semana que sorpresa levamos. Creceran os jacintos!! Que olor!!! E que cores tan fermosas! O malo é que son tan altos...que xa nos rompeu o azul e iso que o rosa tiña que sair vermello...Esta natureza...

08 diciembre 2007

NADAL...DOCE NADAL!



O que máis lles gusta é comer a sorpresa do día e ver o que lle toca a cada un deles. Cada día tócalle ese doce ao primeiro/a da fila e están tod@s desexando comer a súa! Aínda que algún xa a colleu sin ser o seu turno...("No no fago máis profe...")cachis! Pero a profe perdoa todo...

A BOTA DOS DESEXOS


Esta é a "Bota dos desexos". Dentro de ela están os mellores desexos do mundo. Cando metemos a man dentro dela e collemos un, poñémolo preto do noso oído e escoitamos o fermoso que é. Desta forma pedimos desexos. "E que son os desexos?" preguntou algún deles. Algo que queremos que ocorra con moitas ganas! O meu desexo é...que sempre sexamos felices!

Aquí están entusiasmados pintando a súa bota dos desexos.




den

ESTAMOS EN MORAÑA...CHEGA O NADAL!





Esta semana despois de adornar un pouquiño a clase...






Comezamos a traballar o Nadal.

Entre as cousas que fixemos...

. Pintamos a Papá Noel

. Fixemos a nosa bota dos desexos

. Pintamos unha estrela para adornar no Festival do colexio

. Fixemos unha coroa de reis

. Cantamos panxoliñas...



01 diciembre 2007

Chega o Nadal!!

Onte na clase puxemos a árbore de Nadal. Xa lles tardaba!! En canto lles dixen que ia á Coruña tod@s dicían: Profe, trae xa a árbore!! E como o prometido é débeda levei todos os adornos para poñer a clase ben chula! Primeiro montamos á árbore. Falamos sobre como se chamaba: abeto e a súa cor, quen era máis alta, se eles/as ou ela...Mostreilles todo o que trouxera e fomos comentando os tamaños dos adornos, as formas, as cores... Despois lles preguntei para que servian. "Para adornar el árbol" dixo Diego. "Para poñer as luces" dixo unha voz feminina. Dixeron que lles gustaba moito todo e comezamos a falar e a decidir onde podíamos poñer a árbore. Algún dicía no teito da clase! Outros dicían ao lado da miña mesa. Pero finalmente a meirande parte del@s dixeron que era millor poñela cerca do corcho e así foi. A continuación cada un deles escolleu o adorno que lle gustou máis. Había bolas, espumillón, colgantes varios... e así un a un foron tod@s poñendo o seu. Que satisfacción cando viron que quedaba tan fermosa! Cando a colocamos no seu sitio pregunteilles: Lle falta algo a esta árbore? "Síiiiiiiiiiiiiiiiiiii, as luces!!!!" Por fin saquei o máis desexado por todos!!! Apagamos as da clase e encendimos a nosa árbore de Nadal! Falamos das cores e formas das luces, do perigo dos cables( Todos dicían: "Non se toca!"). Quedei en levar un adaptador de enchufe para poñer máis.

Esta semana ademais cambiamos a división da clase, xa que como se portan tannnnnnnnnnnnnn ben hai que facerlle sitio aos agasallos que aparezan despois do Nadal. E quen os vai a deixar? E todos claramente dixeron: Papá Noel!!!!!

Eterno dilema. Se hai nen@s de alternativa á relixión... debemos ou podemos falar sobre Papá Noel ou os Reis? Eu creo que hoxe en día isto tómase demasiado en serio. Eu cando era pequena estaba loquiña por que chegara esta data e @s nos@s pequen@s de hoxe en día creo que tamén.

Un tema que penso tratar na aula é o do consumo excesivo, xa que é importante que saiban que non sempre se vai ter o que un quere e que hai outras formas de agasallar por medio da reciclaxe ou de materiais alternativos.


14 noviembre 2007

FROITOS E FROITAS DE OUTONO



Dende a semana pasada temos no corredor de fora unha exposición de froitos e froitas típicas da estación de OUTONO. Dentro da clase aproveitamos o supermercado para colocar todo o que @s nen@s ían traendo da casa, grazas á colaboración das familias.


Para conmemorar o MAGOSTO fixemos unha festa na merenda na que tiñamos noces, abelás, cacahuetes, améndoas e castañas. Os tocamos, ulimos, fixemos música con eles, ata que os probamos. Os máis exitosos: os cacahuetes!

Esta semana cada día degustamos unha das froitas: o luns mandarina, onte martes caqui, hoxe mércores quiwi. Mañán toca granada e xa o venres chirimoya e figos. Algúns non quixeron ulilos e tampouco tocalos. En cambio algúns nen@s quixeron probar todas as froitas, ainda que polo de agora a que máis éxito tivo foi o quiwi.

Deste modo vimos as diferencias entre os froitos secos e os carnosos.

OS ESQUÍOS


Falamos dos esquíos
e investigamos
o que comen, onde viven, como son…

11 noviembre 2007

MAGOSTO



A semana pasada na clase de 3 anos fixemos moitas actividades para traballar o MAGOSTO.





Tamén introducimos a temática do OUTONO.

Un día nos convertimos en pintores fixemos pequenos traballos como o cuadro do noso amigo Arcimboldo no que fomos pintando ao son da música de Mozart

02 noviembre 2007

O MAGOSTO E O OUTONO



Esta semana que ven vamos a comezar a traballar a estación de Outono, aínda que @s nen@s están un pouco perdidos con isto de que faga sol, non chove...polo menos no campo do cole temos moitas árbores e pouco a pouco vanse quedando espidas... Así entre tod@s faremos un mural ben bonito que reflexe os cambios na natureza: follas, landras, eucaliptos, paus, ramas, area...
Hoxe comezamos a pintar libremente ao son da peza de Antonio Vivaldi adicada a dita estación. Tamén vimos láminas de distintos artistas relacionadas con escenas de outono. El@s xa me dicían: Somos artistas, profe! Mira o meu cadro!
Pedimos de novo a colaboración das familias para ao longo da semana que ven traian ao cole froitos, froitas típicas do outono, así como calqueira outra cousa que se lles ocorra. A verdade é que estanse a implicar moito, o cal é moi positivo xa que deste modo podemos ir facendo cousiñas diferentes cada vez.Xa vos irei contando.

FESTEXAMOS O SAMAÍN







A verdade é que tiña un pouco abandonado esto de escribir, pero a espera ten recompensa. Esta semana aínda que foi curta festexamos no cole o noso particular Samaín. @s rapaces pasárono de medo, nunca millor dito! Traeron cabazas e calacús da casa, e esta profe aprendeu un novo término: calacús, que é como se lle chama ás cabazas mais grandes.


Entre tod@s decidimos adornalas poñéndolle ollos, nariz e boca. Tamén fixemos debuxos sobre as mesmas e unha serie de traballiños varios como un conto("Cinco cabazas de festa"), caretas, adornos para a clase e corredores...


Fixemos un sorteo para saber que cabaza sería baleirada e tocoulle á de Marta que o estaba desexando...Quedounos moi fermosa. Tod@s puidemos ulila, tocala e hasta algún atreveuse a probala...aínda que non durante moito tempo...As pipas vamos a plantalas na clase, esperando que pase algo...Pero o máis importante de todo é que o pasamos tod@s moi ben!


07 octubre 2007

NADA COMO ESTAR NA CASA...




28 septiembre 2007











Despois de moito traballar a clase quedou moi bonita. Polo menos @s nen@s síntense ledos e cómodos, aínda que a partir de agora é cando vou ir vendo se funciona así ou fago cambios. De todas as maneiras cada trimestre cambio de novo e aos rapaces tamén, deixolles elexir outro sitio que queiran.


25 septiembre 2007

A clase de 3 anos: ANTES










Así estaba a clase cando cheguei ao cole. Non era que non me gustara pero tíñaa que facela miña...poñerlle o meu selo persoal!!!

04 septiembre 2007

1º día en Moraña

Salgo de Veigue ás 7.45 da mañá destino Moraña. Incorpórome á autopista ás 8.00 horas. O problema é que me paso de desvio despois do 1º peaxe e case vou dar á Coruña...En fin. Dou a volta no Temple e sobre as 8.05 estou de camiño a Moraña de novo.
Chego a Caldas ás 9.05, unha hora. A Moraña chego ás 9.25, demasiado cedo...
Coñezo a moita xente, moitos nomes! Non recordo ningún...
Marcho cara a Caldas a ver o piso sobre as 12.20 horas.
Día bastante movidito...

02 septiembre 2007

CPI Santa Lucía Moraña



O meu próximo cole para polo menos 2 anos...

Comeza a aventura

Estando aquí na miña casa en Veigue, hoxe domingo día 02/setembro de 2007 ocorreuseme facer un blog onde poder ir anotando todas as anécdotas que vaian xurdindo ao longo deste curso que mañán comeza no CPI Santa Lucía en Moraña. Decido escribilo en galego xa que así irei familiarizándome coa lingua que terei que falar a partir de agora e sabe o destino ata cando...
Mañán saldrei ás 7.45 da mañá en dirección Moraña para poder chegar con tempo ao primer día de encontros e emocións no Santa Lucía. Esperemos que todo vaia ben.
A estas horas aquí 19.30, acaba de chamarme unha das que vai ser a miña compañeira de traballo, Anabel que xa ten que coller a baixa por un mes. Esperemos que todo lle vaia ben.