02 noviembre 2007

O MAGOSTO E O OUTONO



Esta semana que ven vamos a comezar a traballar a estación de Outono, aínda que @s nen@s están un pouco perdidos con isto de que faga sol, non chove...polo menos no campo do cole temos moitas árbores e pouco a pouco vanse quedando espidas... Así entre tod@s faremos un mural ben bonito que reflexe os cambios na natureza: follas, landras, eucaliptos, paus, ramas, area...
Hoxe comezamos a pintar libremente ao son da peza de Antonio Vivaldi adicada a dita estación. Tamén vimos láminas de distintos artistas relacionadas con escenas de outono. El@s xa me dicían: Somos artistas, profe! Mira o meu cadro!
Pedimos de novo a colaboración das familias para ao longo da semana que ven traian ao cole froitos, froitas típicas do outono, así como calqueira outra cousa que se lles ocorra. A verdade é que estanse a implicar moito, o cal é moi positivo xa que deste modo podemos ir facendo cousiñas diferentes cada vez.Xa vos irei contando.

1 comentario:

Paula dijo...

Hola, acabamos de descubrir o voso blog, somos os nenos e nenas de osondasbolboretas.blogspot.com gustarianos moito que nos visitedes tamén para que vexades as cousiñas que nós facemos.