17 abril 2020

OUTRO VENRES MAIS!!!

Bo día a todo@s!!!

Comezamos o venres con moita enerxia!!!Xa que hoxe tocaría Ed. Física, aquí vos deixo un video moi movido que o profe Ricardo nos deixa no seu blogue. Podedes mover todo o corpo seguindo as imaxes do video ou podedes acompañar o ritmo cos vosos movementos creativos!!!!


Hoxe vos propoño facer mosaicos. Seguro que pensades que é moi complicado, pero non é así. Para facelos só necesitades un folio, papeis de cores (poden ser cartulinas, follas de revistas,periódicos...), tesoiras e pegamento.

Aquí tedes algunhas ideas de como se poden facer e do bonitos que quedan. Tede en conta que para facer o efecto mosaico os papeis de cores temos que recortalos en anacos. O mais sinxelo e facer tiras de papel e logo recortalas en cadradiños ou triángulos.




           


Para facer o voso propio mosaico tamén vos deixo dúas plantillas que podedes imprimir, pero podedes facer calquer debuxo e crear o voso mosaico orixinal. Seguro que vos quedan preciosos!!!


O conto de hoxe é unha proposta da profe Eva que puso no seu blogue da biblioteca, e titúlase "Quiero ser como tú", trata de varios animais da Sabana que teñen cosas que non lles gusta deles e queren ser como outros animais. Seguro que vos gusta moito!!!



Ademais a profe Eva nos deixa esta ficha sobre os animais desta historia tan chula.


Que teñades moi bo fin de semana!!!Despídome como sempre cun abrazo moi grande para tod@s!!!







No hay comentarios: