04 marzo 2019

SEGUIMOS VIAXANDO POLO ESPACIO

Seguimos coa nosa viaxe polo Universo. 
Preme Aquí :nos veredes no foguete que trouxo Manuel!



Para poder comunicarnos mellor cos outros planetas montamos unha estación espacial na aula e así poderemos controlar de xeito máis doado os satélites que enviamos ao espacio!
Se queres entrar terás que solicitar a túa clave!
Reciclaxe máximo!




Ademáis temos a sorte de contar con un amigo moi especial, ET o Extraterrestre!
Como nos gusta xogar con él!


Sabemos todo o que sabemos grazas ás naves non tripuladas que enviamos dende a Terra ao espacio. Pois ben...coñecimos a SOHO que foi ao Sol e a MESSENGER que foi a Mercurio.





No noso planeta, A Terra, hai mares e montañas. Aquí temos os colgantes que fixemos para levala con nós e sobre todo concienciar do seu coidado.


O Sol é a nosa estrela e nos dá luz e calor. Aquí estamos experimentando con espuma de afeitar, quedaron moi chulos e diferentes!



E qué dicir da nosa Lúa, fermoso satélite que xira ao noso arredor. Quixemos facer algunhas das súas fases de forma moi doce! Mirade, mirade!



E tanto estamos a aprender e divertirnos co tema da Astronomía, que con todo o material elaborado coa axuda das familias temos unha xenial exposición na subida á planta superior. É como entrar nun planetario!





Moitas grazas familias, seguimos polo Espacio!!




No hay comentarios: