04 enero 2019

PROXECTO SOBRE ASTRONOMÍA

Este curso no CRA de Bergondo estamos a levar a cabo un proxecto conxunto en todas as escolas sobre o Universo.


Polo de agora traballamos aspectos relacionados coa chegada misteriosa de cartas dunhas astronautas da ESA (Axencia Espacial Europea) nas que nos indican da caída dun meteorito estrelado preto da nosa escola. 



Tanto Valentina Tereshkova como Samantha Cristoforetti
son duas astronautas moi recoñecidas a nivel internacional e na súa correspondencia solicitaron da nosa axuda encomendándonos unha misión interestelar.


Unha vez aceptamos axudalas na súa misión e obtivemos os nosos carnets de GARDIÁS E GARDIÁNS DA GALAXIA nos dispuxemos a obter información sobre todo o que nos puidera ser útil para coñecer O Universo.


Había que atopar ese meteorito como fose! Despois de meses na súa búsqueda...aparecía no noso patio!

 O tocamos...o ulimos...algún incluso o probou! (lembrar que na carta foi definido como completamente inofensivo!)



Sen darnos conta...a investigación estaba en marcha! Estade atentas e atentos á seguinte entrada sobre este tema!

No hay comentarios: