Neste gran país hai un monte moi importante, o monte Fuji. As vistas dende o teleférico...impresionantes!
En Xapón son moi famosos os trens bala que poden acadar moitísimos kilómetros á hora! Xa o di o nome...van coma unha bala!
Cando dicimos que os xaponeses despuntan en tecnoloxía non mentimos. Aquí Fito sacou esta foto no centro da tecnoloxía, Akihabara. Mirade qué cantidade de edificios con anuncios tecnolóxicos!
E qué dicides de este enorme paso de peóns? Fito cruzou por él e nos contou que se atopa no barrio de Shibuya.
E como Xapón é un país de constrastes, mirade un TORII, arco tradicional que separa os lugares sagrados do resto.
E non podía rematar a nosa viaxe fugaz por Xapón sen coñecer os debuxos tradicionais do lugar, o manga.
No hay comentarios:
Publicar un comentario