Festexamos a chegada do mes das flores cun fermoso "maio" feito con moito cariño coa axuda dalgunhas familias e da profe Livia. Grazas!
Para ver máis fotos preme na foto do MAIO
Maio longo... maio longo,
todo cuberto de rosas,
para algús telas de morte;
para outros telas de vodas.
Maio longo, maio longo,
fuches curto para min:
veu contigo a miña dicha,
volveu contigo a fuxir.
Rosalía de Castro (1993), Follas Novas (Vigo: Galaxia)
No hay comentarios:
Publicar un comentario