16 julio 2018

GALEGOS NO MUNDO: PATAGONIA CHILENA

Continuando coa nosa particular volta ao mundo da man de amigas e amigos, esta vez lle toca o turno a Iago!

Iago é un amiguiño noso que é de Coruña pero vive dende hai un tempo nun país que está en Sudamérica que se chama Perú.


Aproveitou uns días libres para poder visitar outro país.

Tivemos que descubrir en varios vídeos qué país e qué animais serían os que visitaría...
Finalmente coa pista que nos deu "país alargado debaixo de Perú" miramos no mapa e soubemos que era Chile!!
Concretamente a Patagonia Chilena, nun lugar coñecido como TIERRA DE FUEGO.
Tivo que cruzar o Estreito de Magallanes nun barco e por fin chegou.


A primeira pista que nos deu sobre os animais: viven en Tierra de Fuego pero realmente lles gusta moito o frío!
Eu fallei á primeira!

A segunda pista: estes animais son os protagonistas da  película de HAPPY FEET!


Agora sí...OS PINGÜINS REIS!


Iago nos contou que son aves acuáticas que en determinados momentos do ano migran para buscar alimento, temperaturas máis cálidas...Viven en colonias. Soubemos a altura que normalmente teñen estes tipos de pingüins, aproximadamente 1 metro, para iso nos medimos e comparamos entre nós e tamén con outra especie, o pingüin emperador, o máis alto do mundo.
 A causa do frío ás veces non se moven e permanecen quedos. Non voan ainda que son aves. Se desplazan camiñando coas súas curtas patiñas.
Teñen o peito branco, o pescozo amarelo-anaranxado, as as e as patas negras e as costas negro plata. Se reproducen por ovos e as crías teñen unha plumaxe máis escura.

Preme enriba, verás máis fotos.




Aquí tedes os nosos pingüiíns reis.

Moitas grazas Iago, aprendimos moito contigo sobre estes simpáticos animais!

Grazas tamén a Begoña, a nai de Olga, puidemos apadrinar un pingüín cada un de nós e incluso enviarlle un a Iago!
 Ahí tedes o meu!


No hay comentarios: