Entre as marabillosas cousas que coñecimos da súa man atopamos as increíbles praias de augas cristalinas. Tan so con miralas xa desexamos que chegue o verán!
Alí teñen a súa propia moeda, os baths e foi tan riquiño que nos trouxo unha para cada un de nós! Grazas!!
Entre os moitos vídeos e fotos que compartiu connosco, tamén puidemos saber que hai un medio de transporte que empregan moito que se chama tuc-tuc.
Vimos algunha comida e vestimentas típicas, como os escorpións ou as sedas con motivos de animais como o elefante así como algúns mercados onde se venden. Un deles era alucinante, estaba xusto nas beiras das vías do tren e outro na auga, onde sorprendentemente no vídeo vimos como saía un enorme lagarto para pousarse a respirar! Qué pasada!
Foi unha viaxe alucinante e estamos moi agradecidos por facernos partícipes dela!
Namasté Alberto
No hay comentarios:
Publicar un comentario