25 febrero 2018

GALEGOS NO MUNDO: WASHINGTON

Seguindo a nosa particular viaxe da man de galegos e galegas polo mundo, tivemos a sorte de coñecer a Ana Laura que vive en Washington, nun pobo das aforas, onde falan en inglés, todos os carteis están nesa lingua. É amiga de Martiño e a súa familia. 

Ensinounos como son as casas alí. Lles chaman casas prefabricadas, vimos a diferencia coas nosas.



Tamén nos explicou que nos EEUU hai moito racismo aínda, por iso ela ten un cartel na súa casa coa seguinte frase: BLACKS LIVES MATTER que quere dicir que "as vidas dos negros importan" en referencia ao movemento que leva ese nome e loita pola igualdade. Aproveitamos para falar sobre Rosa Parks e a súa historia.


Tamén nos falou sobre os animais que hai alí e pode ver con moita frecuencia pola rúa como os esquíos ou polo monte como os cervos que se chaman "deer" ou os mapaches que saen de noite.




Alí non hai rotondas soamente hai cruces e a velocidade se mide en "miles" millas non en km.



Moitas grazas Ana Laura por compartir connosco un anaquiño da túa vida en Washington e ensinarnos cousas tan interesantes! See you soon!

No hay comentarios: