14 enero 2018

GALEGOS NO MUNDO: BOS AIRES, ARXENTINA

Aquí estamos de volta no blogue de aula!
Esta actividade da que vos imos falar levámola a cabo no primeiro trimestre pero continuremos durante todo o curso porque os galegos e galegas andamos polo mundo adiante sen parar!
O primeiro "galego" do que recibimos novas e con quen comezou todo foi... Pablo, o pai de Uma! De orixe arxentina, leva vivindo en Galicia dende hai uns cantos anos pero hai uns meses puido viaxar a Bos Aires e reencontrarse coa súa familia na Arxentina.
Amosounos como eran algunhas das zonas da sua infancia como o Parque Centenario, o Estadio Luna Park e mesmo puidemos escoitar en directo a música típica arxentina por excelencia, o tango. Tamén nos "levou de visita" ao Museo de Historia Natural onde puidemos ver un montón de fósiles e representacións de dinosaurios. Coñecimos anaquiños da cidade de Bos Aires grazas a ti Pablo!!!
Estamos moi contentas/os!
Resultado de imagen de parque centenario Resultado de imagen de estadio luna park
Resultado de imagen de tango

No hay comentarios: