14 enero 2018

O APALPADOR E OS REIS MAGOS


Grazas ao APALPADOR e á súa axudanta Alicia!



Grazas ao REIS MAGOS que viñeron dende Oriente con agasallos para a nosa escola!


E se premes enriba desta imaxe...verás qué festa de fin de trimestre máis chula fixemos!

ROMA A LA VISTA

Aquí temos máis información sobre o imperio e a cultura romana que troxeron os nenos e nenas da casa. Para ser un tema complicado...COMO SABEEEMOS!!!! 





Para ver máis fotos preme AQUÍ. 

E tamén fixemos un OBRADOIRO DE PIZZA porque...se hai  algo típico italiano...eso é a pizza!!!

Preme enriba da imaxe para ver máis fotos!

Graciñas pola vosa implicación, familias de Carrio!!

Seguimos!!!

E CHEGOU O NADAL!

Entre as moitas actividades que fixemos no Nadal están as fermosas postais que elaboramos para un concurso do Concello de Bergondo. Non gañamos pero quedaron tan chulas que iso xa é xenial!


Preme enriba para ver máis fotos!

Aquí tedes as fotos do OBRADOIRO DE NADAL que fixemos grazas á colaboración e axuda das familias.


Preme enriba para ver máis fotos!

E na época de Nadal, ademáis de adornar un pouco a aula e a escola, todos os anos colocamos na aula un calendario especial para ir facendo a conta atrás ata o día 24. Este curso aproveitamos teas que tiñamos e dentro foron diferentes sorpresas, entre elas o AMULETO DO NADAL, para que todas e todos nos recarguemos con boa enerxía!






OUTONO...XA CASE MARCHAS

O Outono case a piques de marchar...




CUMPLES DE NOVEMBRO

No pasado mes de NOVEMBRO tivemos os cumples de:
ANTÓN (3 anos) e CARLOS (4 anos)
Parabens!!!




GALEGOS NO MUNDO: BOS AIRES, ARXENTINA

Aquí estamos de volta no blogue de aula!
Esta actividade da que vos imos falar levámola a cabo no primeiro trimestre pero continuremos durante todo o curso porque os galegos e galegas andamos polo mundo adiante sen parar!
O primeiro "galego" do que recibimos novas e con quen comezou todo foi... Pablo, o pai de Uma! De orixe arxentina, leva vivindo en Galicia dende hai uns cantos anos pero hai uns meses puido viaxar a Bos Aires e reencontrarse coa súa familia na Arxentina.
Amosounos como eran algunhas das zonas da sua infancia como o Parque Centenario, o Estadio Luna Park e mesmo puidemos escoitar en directo a música típica arxentina por excelencia, o tango. Tamén nos "levou de visita" ao Museo de Historia Natural onde puidemos ver un montón de fósiles e representacións de dinosaurios. Coñecimos anaquiños da cidade de Bos Aires grazas a ti Pablo!!!
Estamos moi contentas/os!
Resultado de imagen de parque centenario Resultado de imagen de estadio luna park
Resultado de imagen de tango