14 octubre 2018

GALEGOS NO MUNDO: CAMBOIA

Enma e Iago son os tíos de Martín e visitaron Camboia.




Alí nos ensinaron que comer insectos como as formigas é normal.

Tamén ver vacas polas carreteras, son respectadas e veneradas.

Visitaron a casa típica dun camboiano coñecendo deste modo as súas costumes e comendo así do mesmo modo que eles.

Un medio de transporte moi típico que empregaron son os coñecidos tuk tuk pero tamén as motos para trasladarse.


Visitaron unha escola e nos ensinaron unha das aulas. Ainda que vimos que non se parecía á nosa si que comprobamos que tamén lles gusta colgar cousas do teito como a nós!



Tamén vimos aos nenos xogando no seu patio!


Aquí temos un quiosco típico camboian!


Os templos son unhas construccións típicas dos países orientais e como non podía ser doutro xeito en Camboia hai moitísimos e cheos de figuras de Budas. Se chaman pagodas, templetes e columbarios segundo sexa a súa utilidade. O máis importante é o de Angkor Wat.



Angkor Wat - Wikipedia



Moitísimas grazas a Enma e Iago, disfrutamos moito da vosa viaxe por Camboia!!

FIN DE CURSO








Preme AQUÍ para ver moitas máis fotos!


QUÉ ANIMAL ESCOLLES TI?

Despois da xenial experiencia que nos relatou Jimmy na súa visita á escola quixemos investigar sobre algúns animais que nos gustan
Os animais elexidos foron:
- serpes
- búfalos
- coellos
- leopardos
- leóns
- rinocerontes

Aquí tedes as fotos de todos os traballos que levaron os nenos e nenas a clase. Xenial investigación!!!






Ata tivemos a sorte de que Martina trouxera o seu animal á clase. O seu avó acompañounos nesa mañá cun coello moi simpático chamado Colitas co que disfrutamos moito e aprendimos que se somos respetuosos cos animais eles sos se achegan a nós! Grazas á familia de Martina!



Preme enriba da foto para ver máis imaxes!

GALEGOS NO MUNDO: ÁFRICA, RUTA DO OKAVANGO

Jimmy é un amigo de Saleta ao que lle encanta viaxar e co que compartimos un día xenial na escola de Carrio. 



Entre as espectaculares viaxes que fixo quixo compartir connosco unha moi especial ao continente africano contándonos a ruta do Okavango.



Sudáfrica, Namibia, Botsuana, Zambia...son algúns dos países que visitou nesta aventura.


Falounos de Nelson Mandela, activista e político que loitou polos dereitos humanos e foi unha persoa importante na historia de África.

DESCORTINAMENTO MENTAL: 46664 - Prisioneiro da Paz ...

Tamén nos contou varias costumes de duas tribus importantes africanas como son os himba e os bosquimanos.

LUIS LÓPEZ PUNTO COM: ÁFRICA AUSTRAL 2016: Poblado himba ...


Los números deben de estar locos - Cuaderno de Cultura ...

O deserto de Namibia é espectacular!


E alucinamos cos animais tan fermosos que puido contemplar, libres e salvaxes, como debería de ser sempre.


Ata estuvo en lugares onde hai tiburóns e pingüins!




Moitísimas grazas Jimmy, pasámolo xenial contigo e aprendimos un montonazo!!


SAN XOAN

Para a noite máis máxica do ano quixemos facer o noso particular ritual con flores silvestres.
En círculo, xuntas e xuntos pedimos o noso desexo ao ritmo da música.
Que viva a noite máxica, que viva a noite de San Xoan!



Para ver máis fotos preme nesta última imaxe!

GALEGOS NO MUNDO: MYANMAR

Arturo é un amigo de Martín que viaxou a Myanmar a antiga Birmania e nos enviou un montón de vídeos sobre costumes e distintas tradicións que teñen alí.




Coñecimos que alí levan unha roupa típica chamada longyi 


Algunhas persoas pintan a cara cunha pasta que fan coa raíz dunha árbore chamada tanaka que lles serve como protector para o sol.

Il paese dalle mille Pagode – Myanmar 2013


Hai un deporte, o chinlone, no que se van pasando a pelota en forma de círculo e vimos a uns nenos dunha escola xogando.


Hai un montón de pagodas onde se lle rinde culto aos budas.

File:Pagodas (Birmania).jpg - Wikimedia Commons



Fermoso país, grazas Arturo por ensinárnolo!