De todos os xeitos para poder entender mellor o momento que estamos a vivir...precisamos experimentalo,non sí?
Aquí temos as carpetas que fixemos para os traballos do 2º trimestre. Empregamos a metade dunha pataca con forma de tulipa coa técnica de estampación.
Vane, a nai de Nuno veu axudarnos a plantar sementes de varias plantas: xirasois, capuchinas, guisantes e caléndulas.
Agora estamos preparados para cando estén listas para ser transplantadas á nosa horta! Grazas Vane!!!
Como se pode comprobar nesta escola nos mola moito iso de andar coas mans na terra pero tamén amamos e repectamos moito aos seres vivos. Tanto que queremos coidar deles e qué mellor animal para ver medrar e comprender o seu ciclo de vida que os vermes de seda.
Estamos a darlles de comer follas da árbore da moreira e dentro de nada comezaremos a ver como elaboran o casulo de seda.
No hay comentarios:
Publicar un comentario