30 abril 2017

PASCUA NA NOSA ESCOLA

Como todos os anos cando chega o momento da Pascua, parece que algo de maxia inunda a nosa escola! Comeza a emoción da visita do Coelliño e sobre todo atopar os ovos de chocolate que agocha en sitios ben curiosos.
O decorado de ovos de Pascua xa é algo típico e como non grazas á axuda das familias que colaboran moitísimo! 
Sodes xeniais!!!
Aquí tedes un resumo da Pascua 2017!
http://www.smilebox.com/playBlog/4e44557a4d4441334f44413d0d0a&blogview=true
preme na imaxe de arriba para ver máis fotos do obradoiro!


Preme na imaxe para ver máis fotos da busca de ovos!


A IDADE DOS METAIS E OS CASTROS GALEGOS

Entrando xa na fase final no proxecto sobre a Prehistoria, queremos dar un repasiño á última etapa relacionada coa época dos metais e concretamente este trimestre nos centraremos en coñecer aos habitantes dos poboados típicos galegos: OS CASTREXOS/AS.
Xa estamos a levar moita información á escola, mil grazas ás familias por traballar cos nenos e nenas buscando cousas relacionadas!
 

BENVIDA QUERIDA PRIMAVERA!

A primavera chegou por fin! Pero non sabemos ás veces se estamos xa case no verán ou voltamos ao outono...estes cambios de tempo tan bruscos e rápidos...
De todos os xeitos para poder entender mellor o momento que estamos a vivir...precisamos experimentalo,non sí?

 Aquí temos as carpetas que fixemos para os traballos do 2º trimestre. Empregamos a metade dunha pataca con forma de tulipa coa técnica de estampación.





Vane, a nai de Nuno veu axudarnos a plantar sementes de varias plantas: xirasois, capuchinas, guisantes e caléndulas.
Agora estamos preparados para cando estén listas para ser transplantadas á nosa horta! Grazas Vane!!!




Como se pode comprobar nesta escola nos mola moito iso de andar coas mans na terra pero tamén amamos e repectamos moito aos seres vivos. Tanto que queremos coidar deles e qué mellor animal para ver medrar e comprender o seu ciclo de vida que os vermes de seda. 



 Estamos a darlles de comer follas da árbore da moreira e dentro de nada comezaremos a ver como elaboran o casulo de seda.
 

CANTOS CONTOS CONTO!

No mes de marzo e abril levamos a cabo unha actividade chulísima coa colaboración das familias.
Convidámolas a compartir un anaquiño do seu tempo e vir á escola a contar historias, lendas, contos, facer teatro ou títeres/ monicreques e resultou do máis enriqucedor e divertido. Moitas grazas a todos e todas os que puidéchedes asistir, pasámolo moi ben!
http://www.smilebox.com/playBlog/4e44557a4d4441314d44513d0d0a&blogview=true 
 Foto tomada do blogue Reciclando en la Escuela
Preme na imaxe para ver as fotos!

PARABENS CUMPLEAÑEROS DE MARZO!



No mes de marzo estuveron de aniversario:
 Martiño cumpliu 5 aniños
Amélia cumpliu 4 anos!!! 
E Mateo cumpliu 6 añazos!!! 
Parabens amiguiños!!