10 diciembre 2016

MÁIS PREHISTORIA...CHEGANDO AO FINAL

 Seguindo coa investigación sobre a época da prehistoria...
Martín trouxo fotos sobre as Covas das Mans en Arxentina, un lugar moi interesante no que na idade prehistórica pintaban mans e tamén outros animais que consideraban sagrados. Unhas fotos chulísimas, Martín!
Uxía trouxo información sobre as Covas de Altamira en Cantabria. Bisontes, cervos...son algunhas das fermosas pinturas que albergan no seu teito. Uxía, o explicaches fenomenal!
Amélia fixo un esqueleto-fósil con pasta de sal. Divertidísimo Amélia!
Xoel falou sobre a caza na idade prehistórica, qué animais había e a forma de atrapalos para poder comer e vestirse. Moi ben contado, Xoel!


 Julia trouxo un dinosaurio feroz que é o preferido á hora de xogar! Julia...dá moito medo!
Uma trouxo un montón de dinosaurios cos seus nomes e unha maqueta alucinante sobre os prehistóricos, o lume, como vivían, se vestían, pescaban e comían. Fabulosa Uma!
Uxía tamén trouxo moitos dinosaurios para pasalo ben na clase! Xa case temos todos os que existiron, Uxía!


 Xoel tamén trouxo unha lanza construida coa axuda da súa familia e un coitelo de madeira caseiro, Jejeje, Xoel tes moito maxín!
Uxía toda elegante cunha camiseta de Altamira! De seguro que che queda chulísima, Uxi!
Carme apareceu unha mañá cun esqueleto dun Pteranodom, qué pasada! O antepasado das aves actuais, non si, Carme?
E Paula e Marta nos deron unha lección maxistral sobre o dodo e o tigre dente de sable, os dous animais desaparecidos por desgraza. O explicáchedes xenial, chicas!


 Pero ademáis de cada día aprender cousas interesantes e divertirnos...quixemos montar unha pequena cova prehistórica na escola (grazas a Livia e Marina, que senón...mamaíña!!) e entre todos e todas estamos a decorala...mirade, mirade!
Preme enriba da foto!
http://www.smilebox.com/playBlog/4e4451334e7a517a4e54673d0d0a&blogview=true

E non queda aí a cousa...Marina nos trouxo unha maqueta chulísima para pasalo en grande...
E o que nos gusta xogar a ser homes e mulleres das cavernas...



 Ata fixemos un "photocall prehistórico"...pase de moda da época! Preme enriba da foto!
http://photopeach.com/album/11fccdo

E chegou o día de querer compartir un ratiño do noso tempo coas familias...fixemos un obradoiro prehistórico con colares de última moda cavernaria e galletas saborosas coa receta máis prehistórica do mundo...Grazas por colaborar tanto, familias!

http://www.smilebox.com/blogInstructions/other.html?sendevent=4e4451334e7a51334e7a453d0d0a&sb=1&title=obrad+prehist&designType=Slideshow&partner=smileboxa

No hay comentarios: