11 noviembre 2016

MÁIS PREHISTORIA!

Martina e Martín trouxeron varios fósiles de fieitos (helechos) que atoparon na zona de Leitariegos. Qué pasada chicos!

Xa faláramos dos fósiles cando nos convertemos en arqueólogos pero había que experimentalo!




Martiño estivo de viaxe na terra do seu pai en Italia e mandou dende alá unha postal que pensamos que se perdera pero...sorpresa!! Chegou moito despois de que él voltara pero nos fixo moita ilusión e a él...nin vos contamos!
Aparecen unhas covas moi antigas nas que viviron os seus pais cando se coñeceron!
 Nuno e Mateo trouxeron información variada sobre o tema cun libro con moitas imaxes e debuxos variados da época! Bravo investigadores!
 Amélia visitou coa sua familia a Casa do Home na Coruña e a Casa das Ciencias e atopou nada más e nada menos que a unha familia de prehistóricos e a un oso cavernario! Qué valente, Amélia!
 Entre eses homes que estuvemos investigando atópanse os coñecidos como AUSTRALOPITECUS, HOMO HABILIS OU HOMO ERECTUS que descubriron o lume por casualidade por causa dun raio que incendiou unha árbore.


Aquí tedes a explicación. Avisamos: son uns homes moi feos (ainda que para algún deles non o eran!)

1 comentario:

marsalada dijo...

É xenial escoitar todo o que van aprendendo os nenos na escola cando chegan á casa.Contando o quenes eran os homo erectus,habilis...encántalles aprender deste xeito,case sen darse conta, dun xeito tan natural. Isto xa non o esquecen!!!Grazas Escola de Carrio por ser a mellor escola do mundo!!!!!