11 noviembre 2016

INTERESANTE SEGURO!

A familia de Uma tivo a xenial idea de aproveitar a profesión paterna para agasallarnos cuns alfabetos en coiro! Grazas familia!

Os luns temos as sesións de títeres, guiñol ou contacontos e decidimos improvisar facendo unha nova actividade! Por parellas tiñamos que crear un conto con personaxes e lugares completamente disparatados. Fixémolo moi ben e sobre todo tomamos decisiones de modo moi acertado! Noraboa rapazas e rapaces!

 
 

OUTONO MOI VERANIEGO

Este outono estivo representado por moitos días de sol e calor! Semellaba ser verán pero a natureza está aí para facernos saber que non e as nenas e nenos de Carrio tamén!



Quixemos facer un OBRADOIRO DE OUTONO coa participación das familias. Non saíu todo o ben que nos gustaría, porque como xa fixemos máis...iso se sabe! Pero tamén é certo que o pasamos moi ben e fixemos cousas ben chulas coa axuda das mamás e avoa que viñeron. Moitas grazas por acompañarnos!

MÁIS PREHISTORIA!

Martina e Martín trouxeron varios fósiles de fieitos (helechos) que atoparon na zona de Leitariegos. Qué pasada chicos!

Xa faláramos dos fósiles cando nos convertemos en arqueólogos pero había que experimentalo!




Martiño estivo de viaxe na terra do seu pai en Italia e mandou dende alá unha postal que pensamos que se perdera pero...sorpresa!! Chegou moito despois de que él voltara pero nos fixo moita ilusión e a él...nin vos contamos!
Aparecen unhas covas moi antigas nas que viviron os seus pais cando se coñeceron!
 Nuno e Mateo trouxeron información variada sobre o tema cun libro con moitas imaxes e debuxos variados da época! Bravo investigadores!
 Amélia visitou coa sua familia a Casa do Home na Coruña e a Casa das Ciencias e atopou nada más e nada menos que a unha familia de prehistóricos e a un oso cavernario! Qué valente, Amélia!
 Entre eses homes que estuvemos investigando atópanse os coñecidos como AUSTRALOPITECUS, HOMO HABILIS OU HOMO ERECTUS que descubriron o lume por casualidade por causa dun raio que incendiou unha árbore.


Aquí tedes a explicación. Avisamos: son uns homes moi feos (ainda que para algún deles non o eran!)

10 noviembre 2016

DINOSAURIOS

Dentro do proxecto sobre a Prehistoria que estamos a traballar nas escolas do CRA...o tema dos dinosaurios é do máis atractivo para pequenos e non tan pequenos.
Nos días festivos a profe estuvo de viaxe por Asturias visitando o MUJA (Museo Jurásico de Asturias) e alí "integrouse" entre T.Rex, diplodocus ou triceratops e un recordiño para os nenos e nenas de Carrio...había que traer!



 Aquí nos tedes cun agasallo da profe Livia. Nada máis e nada menos que un ovo dun dinosaurio lucense! Xa estamos a ver o resultado...veredes, veredes!
Tamén a cada un de nós nos tocou un dino en miniatura traido dende a mismísima Colunga, cuna destes animais no norte de España.
Pero o tema ten o seu aquel...e como era de esperar nos animamos a levar info e cousas relacionadas  para aprender un pouco máis sobre eles!
 Pero como non podía ser todo tan fantástico no mundo dos dinosaurios...chegou o dichoso meteorito! E por desgracia...quedamos sen eles!Bueno...a tartaruga e o cocodrilo sei ca din que son os que quedaron...

MANDALA DE OUTONO




Como xa é tradición, na escola todos os cursos facemos un mandala con elementos da natureza, case sempre na época de Outono, os olores, as texturas, as cores, as formas...todo pode ser empregado para conseguir a unión e formar unha fermosa mandala!
Aquí tedes información sobre o que son os mandalas.
Mirade como a fixemos, vos gusta?
Grazas ás familias por colaborar!

 

E xa que estamos...mirade de que outras maneiras intentamos relaxarnos...non sempre funciona pero cando é que sí...é xenial!
 Aquí vos deixamos un vídeo para que practiquedes na casa! Disfrutádeo!
 

MAGOSTO E SAMAÍN 2016

Este curso festexamos o MAGOSTO na Senra e mesmo parecía un día de verano! Tivemos unha actuación de teatro e comemos unha morea de castañas! Riquísimas!! Pasámolo xenial!
Click to play this Smilebox slideshow


Toda esa semana na escola tivemos expostas as cabazas que con tanto mimo e emoción fixeron os nenos e nenas na casa coa axuda das familias!Grazas por participar!

 

Clica dúas veces no vídeo para escoitar a música!
 

PARABENS CUMPLEAÑERAS/OS DE OUTUBRO!

No mes de Outubro houbo moita festa na escola de Carrio!
Marta e Pablo cumpliron 5, Uma cumpliu 4 e Martín 3 aniños!