16 octubre 2016

PLANTAMOS

Grazas á aportación de plantas e sementes dalgunhas familias, puidemos facer plantación conxunta cos nenos e nenas da Escola de Lubre, que temporalmente están compartindo con nós os espazos da Escola de Carrio.
Gustounos moito! Non hai como estar coas mans na terra!

 Preme enriba da imaxe!
http://play.smilebox.com/SpreadMoreHappy/4e4451314f5445794d54553d0d0a

OBRADOIRO DE COCIÑA NO OUTONO

O primeiro OBRADOIRO EN FAMILIA: 
COCIÑA NO OUTONO
As familias de Carlos, Marta, Uxía, Julia e Xoel quixeron compartir parte do seu tempo e viñeron á escola facer uns obradoiros do máis divertido pero sobre todo "ricos, ricos con fundamento"
Os pais de Marta nos ensinaron a facer pan con sementes, noces e uvas pasas.
Os pais de Carlos trouxeron unha saborosa receita de madalenas con castañas.
Pasámolo en grande, compartimos tempo en familia e aprendimos, qué mais se pode pedir?
Grazas familias!
http://play.smilebox.com/SpreadMoreHappy/4e4451314f5445784e544d3d0d0a
                           Preme enriba da imaxe!



RESPIRA

Este curso quixemos implantar de modo permanente unha sesión de relaxación- ioga- mindfullness para os nenos e nenas un día á semana.
Ás veces estas "fermosas viaxes interiores" farémolas a través de contos, vídeos, cancións ou simplemente sons ambientais. O ideal é que estén todos comodamente tumbados pero ás veces por cuestións de tempo e espacios...nos resulta un pouco imposible, así que o importante é sentir que aprendemos a relaxarnos, respirar e templar para que cando teñamos momentos de tensión saibamos voltar á calma.

 

ATENCIÓN!!!! INVESTIGAMOS SOBRE A PREHISTORIA!

Este curso que estamos a comezar queremos facer un proxecto anual en todas as escolas do CRA de Bergondo. Este proxecto xirará en torno ás civilizacións máis primitivas, neste caso na Escola de Carrio comezaremos pola Prehistoria, os primeiros signos de vida, como comezou todo?
Para comprender como chegamos a ter as primeiras informacións teremos que saber a quen se lle ocurriu iso de investigar así que por un día nos convertemos en importantísimos arqueólogos, arqueo qué???????
Despois de ver varias fotos e algún debuxo...toca experimentalo, non si?
ARQUEÓLOGOS en CARRIO!!!!

 Lupas, brúxulas, brochas, metros, corda, palas, carretillas...
  Pero reamente podemos explicar como comezou todo?
BOOOOOOOOOOOOOM!!!!!!!
Ocurriu aquelo que é coñecido como "a gran explosión" e todo comezou! O BIG BANG!
Aquí a tedes!!

 

Despois apareceron moi lentamente no tempo os primeiros signos de vida...Máis tarde os primeiros seres acuáticos que grazas á evolución...deron lugar aos primeiros peixes, anfibios e reptís...e despois???
CHEGARON ELES!!
OS DINOSAURIOS!!!! 

A HISTORIA CONTINUARÁ...ESTADE ATENTOS!