08 mayo 2016

RÍOS E MONTES DE GALICIA

Este trimestre queremos dar unha voltiña polos ríos e os montes máis destacados da nosa comunidade.
A partir dunha lenda sobre tres importantes ríos: Eume, Mandeo e Xuvia, quixemos dar comezo a este traballo de investigación.
 "Eran unha vez o río Eume, o río Xuvia e o río Mandeo e un día decidiron baterse nunha carreira; o primeiro que chegase ó mar podería pedir un desexo.
Ó fin dese día foron durmir e quedaron para as sete da mañá. O río Xuvia despertou ás cinco da mañá e aproveitando que os outros durmían, pensou:
―Partirei agora que eles durmen, chegarei o primeiro e pedirei ser o río máis longo!
O Mandeo despertou ás seis e vendo que o Xuvia xa non estaba, dixo:
­―Partirei eu tamén, que aínda podo gañar e pedir ser o río máis caudaloso!
Ás sete despertou o Eume e vendo que non estaban os outros, encheuse de ira e partíu veloz arrasando todo o que atopou no seu camiño, e gañou"


O RÍO MANDEO
Consciente do importante patrimonio ambiental e cultural desta conca, a Deputación da Coruña iniciou un programa piloto  para potenciar o desenvolvemento sostible, utilizando o propio río como elemento integrador e dinamizador. Nacía así, PROXECTO MANDEO

 Mergullándonos na súa web,  atopamos moitos recursos para coñecer máis sobre o río que baña o noso Concello de Bergondo, que desemboca na Ponte do Pedrido e baña a fermosa vila de Betanzos.  


 O RÍO EUME

Inmerso no Bosque Atlántico mellor conservado e máis importante de Europa: AS FRAGAS DO EUME.

Este río rodeado de vexetación, árbores centenarias e habitado por animais ás veces insospeitados, desemboca na ría de Ares, na vila de Pontedeume.

                  

 Hai infinidade de páxinas e libros que falan sobre esta marabilla de lugar pero quixemos empregar dous sobre os Bolechas que falan moi ben dos animais que poderíamos atopar alí. O segundo ten códigos QR para poder escoitar os sons que emiten algúns animais! Estivemos xogando e mola!



O río Eume ten a sorte de acoller entre as súas augas segredos que se non te adentras na Fraga nunca poderás descubrir: MOSTEIRO DE CAAVEIRO E O MOSTEIRO DE MONFERO.
Podes visionar estes vídeos e aprenderás moito neles pero...  non te contamos nada máis...para coñecelo hai que vivilo e ben cerquiña o tes!






A qué río iremos esta semana?

No hay comentarios: