08 mayo 2016

XOGAMOS A PENSAR COA ARTE

Os venres estamos a facer unha nova actividade sobre todos os tipos de linguaxes artísticas: pintura, escultura ou arquitectura, música, teatro, fotografía, literatura...
Se trata de opinar sobre o que vemos sen ter por completo todos os datos desa imaxe, conto, foto...
É xenial ver como reaccionan e escoitar qué pensan...
Aquí tedes algunhas das sesións que levamos feito!

Pintura: Frida Kahlo "Mis pericos y yo"

Conto: "La manzana que quería ser una estrella"


Aquí a nosa canción de cabeceira...



SEMENTAMOS



Hai uns días comezamos a nosa andaina plantadora e coa profe Eva B. fixemos a nosa primeira tanda de plantacións de diferentes sementes que estes días están comezando a medrar.
A ver se o tempo nos permite traballar un pouco a nosa horta que a temos moi abandonada... 
 
Preme AQUÍ para ver máis fotos! 
 
Ademáis Daniela trouxo unha caixa chea de leguminosas que coas que xa tiñamos na aula: fabas, garavanzos, lentellas, soia, feixóns...servíronnos para facer varias cousillas ben chulis.
Queres ver máis fotos do proceso?
Preme aquí!

OS INSECTOS: ESES SERES INCOMPRENDIDOS

Estamos a aprender moito sobre os insectos. Comprobamos que hai moitos nenos e nenas que lle teñen asco, medo ou que simplemente polo feito de reproducir comportamentos adultos...os matan sen pensar en por qué o fan.
Ademáis de interactuar con algúns deles e salvarlles a vida cando aparecen dentro da aula "por equivocación" quixemos ver algunhas das pelis que trouxo Julia, unha serie completísima sobre a vida de varios insectos nas que ademáis do respeto se traballan outros valores importantísimos: "Minuscule"



Nós en Carrio queremos ver a cara amable e máis protectora destes seres.
Foron moitas as cousas que aportaron os nenos e nenas dende a casa. Moitas grazas pola vosa axuda!  


 Eva C. trouxo unha colección de insectos da súa irmá!





Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Personalize a free picture slideshow

ESCORNABOTS EN CARRIO

Hai uns días grazas a Victoria e a Markus, os pais de Nuno H. tivemos a sorte de poder achegarnos á robótica de forma divertidísima.
 Aquí tedes o vídeo coas fotos da sesión. 
Preme aquí para velo.
 
Se queredes ter máis info podedes visitar a páxina web.
Graciñas aos colaboradores e sobre todo aos pais de Nuno!


 

CUMPLEAÑERO DE ABRIL

No mes de abril estuvo HUGO A. de cumpleanos! Xa tes 6 anos!
PARABENS HUGO ANTONIO!



 

RÍOS E MONTES DE GALICIA

Este trimestre queremos dar unha voltiña polos ríos e os montes máis destacados da nosa comunidade.
A partir dunha lenda sobre tres importantes ríos: Eume, Mandeo e Xuvia, quixemos dar comezo a este traballo de investigación.
 "Eran unha vez o río Eume, o río Xuvia e o río Mandeo e un día decidiron baterse nunha carreira; o primeiro que chegase ó mar podería pedir un desexo.
Ó fin dese día foron durmir e quedaron para as sete da mañá. O río Xuvia despertou ás cinco da mañá e aproveitando que os outros durmían, pensou:
―Partirei agora que eles durmen, chegarei o primeiro e pedirei ser o río máis longo!
O Mandeo despertou ás seis e vendo que o Xuvia xa non estaba, dixo:
­―Partirei eu tamén, que aínda podo gañar e pedir ser o río máis caudaloso!
Ás sete despertou o Eume e vendo que non estaban os outros, encheuse de ira e partíu veloz arrasando todo o que atopou no seu camiño, e gañou"


O RÍO MANDEO
Consciente do importante patrimonio ambiental e cultural desta conca, a Deputación da Coruña iniciou un programa piloto  para potenciar o desenvolvemento sostible, utilizando o propio río como elemento integrador e dinamizador. Nacía así, PROXECTO MANDEO

 Mergullándonos na súa web,  atopamos moitos recursos para coñecer máis sobre o río que baña o noso Concello de Bergondo, que desemboca na Ponte do Pedrido e baña a fermosa vila de Betanzos.  


 O RÍO EUME

Inmerso no Bosque Atlántico mellor conservado e máis importante de Europa: AS FRAGAS DO EUME.

Este río rodeado de vexetación, árbores centenarias e habitado por animais ás veces insospeitados, desemboca na ría de Ares, na vila de Pontedeume.

                  

 Hai infinidade de páxinas e libros que falan sobre esta marabilla de lugar pero quixemos empregar dous sobre os Bolechas que falan moi ben dos animais que poderíamos atopar alí. O segundo ten códigos QR para poder escoitar os sons que emiten algúns animais! Estivemos xogando e mola!



O río Eume ten a sorte de acoller entre as súas augas segredos que se non te adentras na Fraga nunca poderás descubrir: MOSTEIRO DE CAAVEIRO E O MOSTEIRO DE MONFERO.
Podes visionar estes vídeos e aprenderás moito neles pero...  non te contamos nada máis...para coñecelo hai que vivilo e ben cerquiña o tes!






A qué río iremos esta semana?