Fixemos diferentes actividades terroríficamente chachis!
As familias participaron nuns Obradoiros Artísticos de adorno de cabazas ben divertidas! As landras, castañas e distintos elementos ornamentais fixeron as delicias de nenos/as creando libremente cada un o seu colar de zonchos, recuperando deste xeito unha tradición moi fermosa e arraigada no Concello de Bergondo. As follas tamén tiveron o seu papel protagonista como non podía ser doutro xeito no noso Proxecto sobre os Bosques.Mil grazas por acompañarnos!
Os monstruos, as bruxas, as pantasmas e incluso as arañas e os gatiños quixeron visitar a nosa escola para pasar unha divertida semana xunto coas cabazas magosteiras!A ver se recoñecedes a estes bruxos e bruxas...e tede coidado coas súas pócimas... pois unha vez que os tratedes...quedaredes "encantados" para sempre polo feitizo do amor!
No hay comentarios:
Publicar un comentario