Tamén quixemos adornar un pouco as árbores da escola para dar a benvida á primavera e lles colgamos uns ovos pintados e decorados de forma libre que a verdade que alegran as mañás de cada día cando chegamos e os vemos xirar e brilar!
Non podía faltar o noso coello divertido que despois poñeríamos nas carpetas do trimestre e sobre todo unha nova modalidade de ovos feitos con pasta branca de modelar e cubertos por pintura e por algúns dos debuxos dos ovos pintados previamente. Mirade qué fermoso nos quedou todo e qué ben o pasamos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario