23 diciembre 2015

BO NADAL DENDE CARRIO!




Outras postais moi creativas! Estas para nós...


Moita emoción nestes días pasados...

Visitounos o entrañable Apalpador! Dende as montañas do fermoso Caurel chegou coa súa axudanta Alicia para contarnos moitas cousas interesantes. Como agasallo deixou unha rama de faia da mesma Devesa da Rogueira! E non podían faltar as mazás saborosas da súa aldea! Carai...qué sorte temos! Grazas ao Apalpador e a Alicia!

Ademáis fixemos un obradoiro de adornos de nadal no que participaron as familias de Julia, Marta D., Uxía e Mateo C., moitísimas grazas por axudarnos e compartir connosco un ratiño do voso día!

E como remate final...viñeron os Reis Magos e fixemos unha festa moi divertida!

Felicitación conxunta do CRA de Bergondo
BO NADAL A TODAS/OS!!
Vémonos no 2016!


IMOS AO BOSQUE!

Despois dun intento fallido de sair ao bosque...non imos levar as mochilas de exploradores para nada...así que...a xogar!



A esperada saída ao bosque de Bergondo estaba aí! O martes día 1 de decembro quixemos estrear o novo mes e por fin chegou o gran día! Fomos a un bosque!
As familias dalgúns nenos/as, Eva C., Dolores e a xenial colaboración de Protección Civil de Bergondo fixeron o soño realidade. Mil grazas a todos/as!! Pasámolo moi ben! Repetiremos na primavera!

Click to play this Smilebox slideshow



OBRADOIROS COAS FAMILIAS: GALLETAS DE AVEA e FAROIS DE OUTONO

Nestes mércores de obradoiro coas familias quixemos facer cociña e artística.
O primeiro mércores contamos coa mamá de César e a mamá de Xoel para facer unhas divertidas galletas de avea con mazá, plátano e mel(chocolate ou canela foron os outros ingredientes que podían elexir). Divertido foi un rato porque o resultado foi un desastriño jejeje De pinta non moi boa e de sabor...pois tampouco pero o importante...pasámolo ben!
Grazas a Marta e a Fátima por axudarnos!




O seguinte mércores fixemos un obradoiro de farois de outono coas familias de Adrián, Nuno P. e Marta V. Dous tipos de farois un máis sinxelo de facer que o outro pero ben chulis, para alumear os días de inverno que temos por diante e poñer un pouco de calor no noso corazón!
Grazas a Isa, Vanessa e Raquel por nos acompañar!





TODO NATURAL: O MILLO E AS FAIAS

Experimentamos co millo. Aprendemos os nomes de diferentes tipos de millo, as partes da planta... Esfollamos, debullamos...e por suposto xogamos e creamos!








Recomendadísimo o disco de Migallas: Pan de millo

Esta foi a árbore escollida na nosa escola. É coñecida como "A raíña dos bosques" así que...imaxina a súa maxestuosidade e beleza...Se queres saber sobre ela...preme aquí.





CUMPLEAÑEROS DE DECEMBRO!

Este mes festexamos os cumples de Julia e Adrián!

Parabens Julia!




Parabens Adrián!




11 noviembre 2015

MÁIS BOSQUES

A profe Eva C. nos contou que no lugar de Allariz, na provincia de Ourense había un bosque moi parecido ao de Oma, no País Vasco que tamén pintara o artista Agustín Ibarrola.
Hai que dicir que nos uns días antes nos adiantamos ao acontecemento e xa tiñamos unhas pedras pintadas con idea de facer outra actividade pero nos encantou coñecer estoutro bosque.
Se queredes saber máis podedes premer aquí.

As nosas pedras

Pero realmente a inquedanza máis grande era ter o noso propio bosque pintado na escola...comezamos por aquí e xa se verá se hai máis...a disfrutalo cada día!

Click to play this Smilebox slideshow

E como sabemos cantos anos teñen as árbores? Pois ainda que ás veces non é moi doado...podémolo saber! Contando os seus aneis!



Os bosques poden ser tan diferentes para os ollos de cada un de nós...
Árbores inventadas: tubos de cartón, pinturas de varios tipos, cartulinas e por suposto imaxinación! Carballos, castiñeiros, piñeiros, arces, cerdeiras, maceiras, eucaliptos...grandes, pequenos, medianos...FERMOSAS TODAS!



DIVERTIDO MAGOSTO E SAMAÍN 2015!

Este curso mirade se xa se nota que vai pasando... que xa festexamos o Magosto e o Samaín en Carrio.
Fixemos diferentes actividades terroríficamente chachis!

As familias participaron nuns Obradoiros Artísticos de adorno de cabazas ben divertidas! As landras, castañas e distintos elementos ornamentais fixeron as delicias de nenos/as creando libremente cada un o seu colar de zonchos, recuperando deste xeito unha tradición moi fermosa e arraigada no Concello de Bergondo. As follas tamén tiveron o seu papel protagonista como non podía ser doutro xeito no noso Proxecto sobre os Bosques.Mil grazas por acompañarnos!
Click to play this Smilebox slideshow


Os monstruos, as bruxas, as pantasmas e incluso as arañas e os gatiños quixeron visitar a nosa escola para pasar unha divertida semana xunto coas cabazas magosteiras!A ver se recoñecedes a estes bruxos e bruxas...e tede coidado coas súas pócimas... pois unha vez que os tratedes...quedaredes "encantados" para sempre polo feitizo do amor!







Ademáis como todos os anos fixemos a nosa particular visita Á Senra para festexar o Magosto, ver unha obra de teatro ben divertida titulada "O lobo bobo" e visitar a exposición de cabazas do cole dos maiores. No Magosto contamos coa colaboración especial de María José, avoa de Mateo que fixo de castañeira asando os froitos típicos do día!








AS NORMAS DA NOSA ESCOLA

Non se trata de impoñer porque o di a/o profe...se trata de convivir todos e todas, 17 nenos e nenas de idades distintas.
A través da arte, a través dos nosos propios comportamentos responsables, respectuosos, amistosos ainda que tamén libres...chegamos á conclusión de que para que todo vaia ben...temos que tentar cumplir estes acordos.






RELOXO DO MOUCHO BIEITO




TÍTERES, CAL QUERES REPRESENTAR TI?

Como este curso temos unha sesión semanal de títeres ou teatro na aula de arriba, estamos a preparar as nosas propias marionetas a partir duns personaxes moi ecoloxistas e naturalistas que merquei para Fraia nesta páxina.


Levamos unha serie de días que o temos un pouco aparcado polas diferentes festas que estamos a festexar jejeje pero temos moitas ganas de ensinarvos as nosas pequenas intervencións como actrices e actores! Xa veredes, xa...

10 noviembre 2015

CUMPLEAÑEROS DE NOVEMBRO!

Este mes festexamos os cumples de Martín e Marta V.
Parabens Martín!!!



Parabens Marta V.!!!!