21 octubre 2014

OUTONEANDO UN POUCO

O outono chegou...
Aproveitamos os elementos da natureza para deixar voar a nosa imaxinación e convertir troncos de toxo en fermosos móviles xiratorios con follas de carballo, landras, castañas...facendo maxia no aire!
Tamén quixemos facer unha representación dun bosque de faias (hayas en castelán) mediante a técnica de soplado e estampado. 
Velaí tedes o resultado! A que quedaron "chachis"?
Inspirámonos nun libro sobre creacións naturais.








Click to play this Smilebox slideshow







O MAR ENTEIRO

Este curso comezamos un novo proxecto nas escolas do CRA de BERGONDO.
Os anos anteriores collimos a maleta para dar unha volta polo mundo da man de Madlenka coñecendo países tan máxicos como India ou Exipto, pasando ao continente europeo parando en Francia, Alemania ou Italia e cruzando o charco para dar un paseo por Cánada, Estados Unidos ou Perú.

Neste curso 2014-2015 queremos seguir dando voltas polo mundo pero esta vez coñecendo e gozando dos grandes océanos e os fermosos mares. O encargado de axudarnos nesta travesía será Cristovo, o noso polbo amigo da Biblioteca que irá percorrendo con nós os portos e caladeiros máis importantes do mundo e presentándonos aos seus amigos: aves, crustáceos, moluscos, peixes, algas e corais... 

Tamén aprenderemos sobre os tipos de barcos que hai en cada zona e as persoas que traballan desempeñando tarefas relacionadas co tema. As tradicións mariñeiras son a esencia do noso pobo, Galicia por iso tamén daremos unha volta polos faros e illas máis destacados e importantes, así como un repaso polas costumes galegas máis típicas da nosa comunidade!


Comezaremos zarpando no pesqueiro Koruño dende o porto da Coruña así que...mariñeiros ao barco! Se queredes pasalo pipa e aprender moitas cousas non deixedes de visitar o blogue que temos no CRA "O mundo enteiro- O mar enteiro" así como os dos compañeiros/as especialistas!
Boa travesía grumetes!

17 octubre 2014

EXPERIMENTOS MOI DIVERTIDOS

Estes días pasados comezamos na clase a facer experimentos moi divertidos coa axuda de Olga e Verónica.
Mirade qué ben o pasamos!











16 octubre 2014

ANDERSEN...AQUEL ESCRITOR DANÉS

Nos primeiros días apareceu un baúl na escola...
"Ai qué terá"!- preguntabamos todos os días...
Saímos de dúbidas moi pronto!! Fotos de sereas, mapas dos tesouros, un conto nun idioma moi raro...!
Investigando un pouco descubrimos que se trataba do idioma danés...porque era un conto dun escritor moi famoso chamado Andersen!

Como en todas as escolas do CRA imos a viaxar polos océanos e mares do mundo...non está mal falar do lugar de nacemento deste famoso "contador de historias fantásticas" que foi Andersen. Collemos a maleta sen esquecer a cámara de fotos e alá que marchamos!
 Naceu en Odense, Dinamarca, país rodeado de auga por case todas as partes!!


Aquí tedes un resumo do que levamos aprendido ata o de agora...prestade atención...