26 enero 2014

MADLENKA VIAXA A CASA!

Ola amiguiños e amiguiñas!
Aquí estou de novo para seguir axudándovos a coñecer o mundo da miña man. 
Esta vez...estou realmente emocionada: viaxamos ao meu continente!!! AMÉRICA DO NORTE!!
Xa veredes cando cheguemos a Nova Iork...ai miña terriña!
En Carrio xa están investigando e mirade caaaaanta información recadaron en tan poucos días!

 Pedro e Alba explicaron de forma estupenda aspectos relacionados con CANADÁ: onde está, que moeda usan... Ademáis Alba fixo un resumo sobre as bandeiras de varios paises, falounos do presidente de EEUU e do símbolo máis representativo: a Estatua da Liberdade.


 Bruno tamén trouxo información acerca de Canadá, a súa bandeira e símbolo e Zeltia sobre a estación do metro City Hall de Nova York, estación de metro moi elegante arquitectónicamente falando. Interesante todo porque o explicaron moi ben.



EXPERIMENTOS

Este trimestre queremos comezar unha actividade nova na aula. Queremos convertirnos en destacados científicos e experimentar de forma divertida pero sempre con precaución e coidado.
Esta semana fixemos o noso primeiro experimento:
QUÉ PESO PODE SOPORTAR UN OVO SEN ESCACHAR?


Xa vos ensinaremos o resultado...jejeje

ETAPAS DA PINTURA DE PICASSO

Despois das vacacións retomamos a aprendizaxe sobre a vida de Pablo Picasso.
Esta vez aprendemos algunhas das características máis importantes da Etapa Azul, Rosa e Protocubista ou africana que vivíu o artista. De feito...comprobamos qué importante é o que cada un sinte e vivencia nos diferentes momentos da súa vida e como desta maneira Picasso plasmou nos seus cadros todos eses sentimentos.
Iniciaremos na seguinte sesión unha das etapas máis importantes da pintura de Pablo: O CUBISMO
Este Picasso...é un caso!

LUGUEANDO MOITO...

Lugo ten unha maxia especial...Mestura de saberes, historia, monumentos!
Aquí seguimos a nosa viaxe...
Primeira parada: Lugo cidade! A teacher Cova xa nos falara desta cidade pero...canta festa manexan! Que si o San Froilán, que si o Arde Lucus...Damos unha volta pola Muralla Romana e...tachán! Rematamos comendo Polbo á feira e coñecendo o oficio da Cestería! Bueno...estas Bolboretas quixeron ir ata Marcelle tamén.
Collemos o coche e...imos ao Cebreiro! Ai...esas pallozas tan misteriosas! Grazas profe Dolores que nos amosas moitas veces fotos das túas escapadas e esta interesounos moito! Terra de neve, terra do Apalpador!
Click to play this Smilebox slideshow


13 enero 2014

NADAL CARGADO DE SORPRESAS

Veu o PANDIGUEIRO directiño dende as montañas do Courel, acompañado dunha axudanta ben elegante!!
Como imos traballar a provincia de Lugo...fíxonos moitísima ilusión escoitar as suas historias!!


Como sorpresa para as nosas familias, este ano decidimos enviar unha postal por carta e para iso...mamaíña...qué traballiño pasamos escribindo a dirección, o remitente...pero valeu a pena!



O último día viñeron os Reis Magos! Entregamos a cartas cos nosos desexos e nos deron agasallos!



E quixemos festexar que estabamos moi contentos por esas visitas e por iso tivemos unha merendola do máis divertida!!


E así voltamos do nadal e...había agasallos na clase!!



E por último festexamos o cumple da profe cun biscoito caseiro que estaba bastante aceptable jejeje!


12 enero 2014