13 noviembre 2013

FESTA DE ZELTIA






SUSHI EN CARRIO...AI QUÉ RICO!!!!!

Isa, a mamá de Aldán, veu para ensinarnos como se fai o SUSHI, plato estrela na alimentación dos xaponeses. 

Pasámolo moi ben e chupamos os dedos...qué rico!!!

Aprendemos a técnica para cocer o arroz con moito mimo, xa que na cultura xaponesa dedican moito tempo á elaboración dos platos e coidan ata o último detalle en canto á creatividade. Mirade, mirade...





MARCHAMOS DE EXCURSIOOOOOOOOOOOOÓN TERRORÍIIIIIIIIIIIIFICA!

O prometido é débeda e aquí están as fotos da excursión máis terrorífica e divertida que fixemos este curso...
Primeiro fomos á SENRA a un contacontos moi especial no que...os contos bailaban!!!
Pasámolo moi ben e escoitamos historias ben divertidas!!



Pero aquí non rematou o día...amiguiños e amiguiñas...quedaba o máis arrepiante de todo...a visita á Exposición de Cabazas do cole dos maiores!!!


E tanto medo e tanta risa...dounos fame! Menos mal que tivemos a sorte de poder festexar o Magosto cos castañeiros de Bergondo! As castañas estaban...deliciosas! Que viva o Magosto, que vivan as castañas galegas!