30 octubre 2013

BO SAMAÍN/HALLOWEEN!

MAÑÁ DÍA 30 DE OUTUBRO...
TEREMOS FESTA RACHADA EN BERGONDO!
VISITAREMOS A EXPOSICIÓN DE CABAZAS DO CPI CRUZ DO SAR, COMEREMOS CASTAÑAS FESTEXANDO ASÍ O MAGOSTO 2013 E ESCACHAREMOS DA RISA COS CONTOS NO EDIFICIO DA SENRA!

PERO ESTES DÍAS XA ESTIVEMOS FESTEXANDO O SAMAÍN NA ESCOLA DE CARRIO...MIRADE ESTE VÍDEO SE SODES VALIENTES! JAJAJAJAJA!!





29 octubre 2013

MÁIS XAPÓN...Arigato gozaimashita ÁS FAMILIAS!

Cada día aprendemos máis cousiñas sobre XAPÓN, ese país asiático tan fermoso e atractivo.
Paco e Bruno trouxeron as moedas que empregan os xaponeses para poder mercar, pagar...Esas moedas se chaman YENES e ademáis de moedas tamén teñen billetes. Ata vimos un billete especial...un billete de metro! Para poder ter ese billete primeiro tiveron que mercalo e para iso...empregaron os yenes.
Hai moedas de 1, 5, 10, 50, 100 e 500 yenes e billetes de 1000, 2000, 5000 e 10000 yenes.








Ademáis de todo isto aprendemos que en Xapón hai unha técnica artística para crear figuras a partir de doblar papeis sen necesidade de útiles como tesoiras, pegamento...coñecémolo como ORIGAMI ou PAPIROFLEXIA.
Bruno, como bo xaponés que é...trouxo á clase figuras sinxelas pero fermosas e as instruccións para saber facelas. Xa quedamos con Thais, a súa nai, que viría a facer un obradoiro connosco.







FESTA RACHADA DE PACO

Paco cumpliu a semana pasada 5 anos...e había que festexalo. A ver se vos gusta a festa que montamos este curso nos aniversarios...sombreiros para todos/as e de diseño exclusivo!
PARABENS PACO!






21 octubre 2013

E CHEGAMOS A...XAPÓN, CON MADLENKA!

MADLENKA CHEGOU A...
XAN...O PAIS DO SOL NACENTE










GRAZAS POLA AXUDA DAS FAMILIAS...XA TEMOS UN MONTÓN DE COUSIÑAS!
SEGUIMOS!

20 octubre 2013

MÁIS GALICIA!

PEDRO M. FIXO UNHA EXCELENTE EXPLICACIÓN SOBRE A CENTRAL DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ, A LAGOA ARTIFICIAL E O CABO PRIOR CO SEU FARO.

BRUNO CONTOUNOS O MOTIVO DO NOME DE "CASCARILLEIROS" AOS CORUÑESES, MOITAS COUSAS SOBRE QUEN FOI MARÍA PITA E A SÚA ESTATUA E PRAZA.

CLAUDIA TROUXO INFORMACIÓN SOBRE FISTERRA E O SEU FARO E CONTOUNOS QUE LLE CHAMAN "O FIN DA TERRA".

CLARA I. TROUXO MOITÍSIMA INFORMACIÓN SOBRE O CONCELLO DE OLEIROS: AS PRAIAS, OS MONUMENTOS, EDIFICIOS IMPORTANTES...

PACO FALOUNOS SOBRE SANTIAGO DE COMPOSTELA, A SÚA CATEDRAL E ZONAS PRETO DELAS E TAMÉN NOS ENSINOU UN PREMIO QUE GAÑOU NO CONCURSO DE TAPAS "PICADILLO" DA CORUÑA E OUTRO DA CARREIRA DA AUGA DE SADA.

ALDÁN TROUXO INFORMACIÓN SOBRE O SABOROSO QUEIXO DE ARZÚA E A FEIRA QUE FESTEXAN O 1º DOMINGO DO MES DE MARZO!


PABLO PICASSO


Comezamos un novo traballo de aprendizaxe e sobre todo o comezamos moi motivados.
Xa temos coñecemento da existencia de persoas que resultaron ser para o mundo, seres excepcionalmente creativos...a eses son os que queremos coñecer e poder admirar.
Un deles no seu momento foi Vincent Van Gogh, co que o pasamos realmente ben.
Agora...lle toca o turno a Pablo Picasso!

Aquí tedes un pequeno resume do que levamos aprendido esta semana...

OUTONEANDO UN POUCO



08 octubre 2013

PROXECTO: MIÑA TERRA GALEGA!

Ola, ola!
Aquí estamos de novo con moitas cousas para contarvos!
Comezamos un novo e fermoso proxecto na nosa aula. O título que leva xa vos dará unha pista sobre o tema a traballar...non si?
MIÑA TERRA GALEGA! 
A que xa o sabedes?
Exaaaaaacto! Queremos aprender cousiñas sobre a nosa terra querida: Galicia! 

Retomando un pouco o fío do curso pasado no que traballamos BERGONDO...xa tocaba falar sobre outros lugares, costumes e tradicións que moitos xa coñecen sobre Galicia. 
A primeira provincia que eleximos é...tachánnnnnnnnnn: A CORUÑA!

E mirade se xa traballamos e xogamos a saber ...familias bolboretas...mil grazas pola vosa axuda!




Aquí temos a Alba con moita información sobre a batalla de Elviña, un mapa da zona vella da Coruña, o Cabo de Fisterra e a Catedral de Santiago!
Mirade os nosos debuxos



 e se queredes ALUCINAR coa sua "batallita" sobre a verdadeira batalla...premede enriba da imaxe!

Preme enriba para ver o vídeo