29 octubre 2013

MÁIS XAPÓN...Arigato gozaimashita ÁS FAMILIAS!

Cada día aprendemos máis cousiñas sobre XAPÓN, ese país asiático tan fermoso e atractivo.
Paco e Bruno trouxeron as moedas que empregan os xaponeses para poder mercar, pagar...Esas moedas se chaman YENES e ademáis de moedas tamén teñen billetes. Ata vimos un billete especial...un billete de metro! Para poder ter ese billete primeiro tiveron que mercalo e para iso...empregaron os yenes.
Hai moedas de 1, 5, 10, 50, 100 e 500 yenes e billetes de 1000, 2000, 5000 e 10000 yenes.








Ademáis de todo isto aprendemos que en Xapón hai unha técnica artística para crear figuras a partir de doblar papeis sen necesidade de útiles como tesoiras, pegamento...coñecémolo como ORIGAMI ou PAPIROFLEXIA.
Bruno, como bo xaponés que é...trouxo á clase figuras sinxelas pero fermosas e as instruccións para saber facelas. Xa quedamos con Thais, a súa nai, que viría a facer un obradoiro connosco.







No hay comentarios: