16 abril 2013

QUÉ ACONTECE NO MUNDO HOXE??

Este trimestre queremos traballar O XORNAL na clase. 

Todos os martes recibimos periódicos na escola, así que ademáis de reutilizalos cando xa non serven...queremos aprender as partes e a función da prensa escrita.

A primeira actividade que fixemos foi a de observar os xornais de modo libre. Observamos que teñen letras, números e imaxes, incluso algúns debuxos. Moi por riba comentamos onde estará o nome do xornal e algúns datos máis que iremos traballando unha vez á semana.

Facemos unha pequena dramatización. Eu son a directora dun xornal moi importante de Bergondo e preciso xornalistas cualificados e serios para que escriban noticias no meu periódico. Todos e todas elas...teñen unha misión!! Deben buscar 2 fotos cada un e recortalas. A continuación...atención, temos que inventar un titular para cada foto!! E qué é un titular?? "Algo que titula!", "Un conto da biblioteca", "Un pegamento" (Ja ja ja!!) Explicamos o que é un titular e con duas fotos eu dou os primeiros titulares. Dende logo...son boísimos xornalistas e quedan todos e todas contratados!! Agora...a pegar as fotos e a escribir!
Este é o resultado...




Outra actividade que fixemos foi a de buscar determinadas letras no xornal, recortalas e pegalas. Neste caso tratouse das vogais.

2 comentarios:

Audición e linguaxe dijo...

Pero que ben o facedes. Un bo traballo, ¡ noraboa !

Saleta dijo...

Grazas Dolores!!