29 abril 2013

ALEGRÍA, LEDICIA...

Este trimestre estamos a traballar a risa e a ledicia. Estar alegres é moi beneficioso tanto para un mesmo coma para os que nos rodean. Pensa que o teu sonriso é a menciña para moitos dos males dos demáis e non custa nada!!
Para poder comprender este sentimento estamos a facer moitas actividades que teñen que ver coas cousas que nos producen ledicia e risa.
Velaquí tedes unha mostra...
"A GALIÑA CEGA" de Goya, é unha das obras que estamos a traballar. Ademáis do xogo en si, que é ben divertido, e ao que xogamos na clase e no patio, dialogamos sobre como se sentirán os personaxes do cadro e cal é o que máis nos gusta de todos eles. Mediante a técnica de ensinar soamente unha parte da foto...sairon moitas cousas! "É unha piscina", "É un baile", "Están rezando"...Ao final ata lle eliximos nome e todo!




 E qué pasa cos nosos pensamentos...? A imaxinación de cada un é ben distinta. Ás veces pechamos os ollos e deixamos que a nosa cabeza voe sen rumbo fixo...Pois iso fixemos tamén no cole...pensativos, quixemos imaxinar algo que nos gusta e nos pon alegres todo a través da obra do autor Karl Schmidt - Rottluff "MULLER PENSATIVA" .


 Aquí está o resultado...esperamos que vos guste!
 
Click to play this Smilebox slideshow

2 comentarios:

Audición e linguaxe dijo...

¡Que boa idea a de traballar a risa e a ledicia! ¡¡Biquiñossss!!

Saleta dijo...

A risa é importantísima para conseguir a felicidade...así que...todos a rir!!! Jaajajajajajajajajaja!!